2001: Unha odisea do espazo: Diferenzas entre revisións
engado cat |
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
== Características == |
== Características == |
||
É característico do filme a combinación de episodios onde se contrasta altos niveis de realismo técnico e científico co misticismo transcendental. A película gañou un [[Óscar]] polos efectos especiais de 1968. Contou cun orzamento de 10 |
É característico do filme a combinación de episodios onde se contrasta altos niveis de realismo técnico e científico co misticismo transcendental. A película gañou un [[Óscar]] polos efectos especiais de 1968. Contou cun orzamento de 10 500 000 de dólares. |
||
== Sinopse == |
== Sinopse == |
Revisión como estaba o 16 de marzo de 2015 ás 10:01
2001: A Space Odyssey | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 2001: A Space Odyssey |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | Stanley Kubrick |
Guión | Stanley Kubrick Arthur C. Clarke |
Intérpretes | Keir Dullea Gary Lockwood William Sylvester Daniel Richter |
Distribuidora | MGM |
Estrea | 1968 |
Duración | 141 min |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | ficción científica |
Na rede | |
2001: Unha odisea do espazo (2001: A Space Odyssey en inglés) é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Stanley Kubrick en 1968, baseado en varios relatos de Arthur C. Clarke, en especial A sentinela (The Sentinel, 1951). Kubrick e Clarke colaboraron no guión, a partir do que Kubrick realizou o filme e Clarke escribiu unha novela.
Características
É característico do filme a combinación de episodios onde se contrasta altos niveis de realismo técnico e científico co misticismo transcendental. A película gañou un Óscar polos efectos especiais de 1968. Contou cun orzamento de 10 500 000 de dólares.
Sinopse
O filme comeza coa Terra ascendendo sobre a Lúa, e co Sol á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza Also sprach Zarathustra de Richard Strauss.
O amencer do home
Hai uns catro millóns de anos, un grupo de primates fan vida cotiá nunha árida sabana: vagan na procura de alimento e conviven de forma pacífica. Despois un dos membros da manda é atacado por un leopardo.
A anda comeza a desputar con outro grupo de primates pola auga dunha charca e polo espazo vital, pero sen chegaren ao contacto físico. Despois, os primates temen a escuridade nocturna e os seus depredadores, descansando con sono nervioso no fondo dun pequeno covo.
Nun amencer, un dos primates esperta e encontra fronte ao refuxio un monólito negro, un bloque ortoédrico perfecto de varios metros de altura que provoca a alarma no grupo e un primeiro momento de confusión e medo. Aos poucos, vanse achegando ao obxecto, e rematan acariciándoo.
No seguinte plano un dos simios decátase de que pode usar un óso como ferramenta e arma, incluíndose flashbacks do monólito, dando a entender que este motivou certos cambios na conduta dos primates e que lles deu certo grao de conciencia sobre os recursos dispoñibles para sobrevivir, sendo capaces de matar animais e comer carne. Outra mañá, arrebatan o control da charca á outra manda, matando no proceso ao líder rival. Exultante coa vitoria, o primate vencedor lanza o óso ao aire.
Ten lugar entón unha enorme elipse temporal na narración: o óso que ascende no aire convértese nunha nave espacial que vai da Terra á Lúa no ano 1999.
TMA-1 (Anomalía Magnética de Tycho no. 1)
En 1999 o doutor Heywood Floyd viaxa da Terra á Lúa. Primeiro vai nun avión-foguete que o leva até unha estación espacial en órbita. A manobra de aproximación é unha coreografía espacial coa música de Danubio Azul de Johann Strauss (fillo). Na estación espacial as actividades desenvólvense nos aneis exteriores circulares, que posúen gravidade debido á forza centrífuga da rotación do conxunto, mentres que na parte central, onde está o hangar para as naves, esta rotación non provoca gravidade. Durante a estancia, o doutor Floyd realiza unha videoconferencia coa súa filla na Terra e ten un encontro con científicos doutros países (algúns da URSS), que lle preguntan sobre a estraña incomunicación coa base estadounidense de Clavius, e se son certos os rumores que apuntan a unha epidemia nela. Despois o doutor Floyd continúa a viaxe á Lúa, facéndose a aterraxe de novo co Danubio Azul soando.
O doutor Floyd viaxou para facerse cargo da investigación do descubrimento dun monólito negro de perfecta forma ortoédrica (a mesma clase de monólito que apareceu na escena inicial) e superficie lisa, enterrado no cráter Tycho e descuberto durante unha análise magnética da superficie lunar, polo que foi bautizado TMA-1 (Tycho Magnetic Anomaly #1 ou Anomalía magnética de Tycho número 1).
O monólito resístese a calquera tipo de análise da súa estrutura ou das súas características, e tampouco demostra ningún tipo de actividade. Porén, considérase obvio que foi fabricado por unha civilización extraterrestre avanzada, que fora enterrado intencionadamente e que era a primeira proba real da existencia de vida extraterrestre, polo que de momento se debía manter en segredo. Trala chegada do grupo do doutor Floyd até a escavación, marabillándose ao ver e tocar algo tan perfecto, plano e insondable, comeza a amencer nesa parte da Lúa, e o monólito, ao recibir o primeiro raio de Sol des que fora enterrado, emite unha potente sinal acústica que deixa atordados os presentes.
Misión a Xúpiter
No ano 2001 a nave espacial Discovery 1 viaxa cara a Xúpiter con cinco tripulantes (tres en hibernación e dous despertos, David Bowman e Frank Poole) xunto cun supercomputador de última xeración chamado HAL 9000 que goberna a nave utilizando intelixencia artificial, o que lle permite comunicarse cos humanos mediante a fala. A vida a bordo é monótona: os tripulantes comen, dormen, fan exercicio, xogan ao xadrez coa computadora, comunican regularmente á Terra o desenvolvemento da misión e manteñen triviais conversas persoais cos coñecidos da Terra (cun retardo de 7 minutos debido á distancia). Nada se di sobre a misión, máis alá dunha exploración do entorno de Xúpiter, e non hai ningunha conversa que mencione TMA-1 ou algo relacionado.
Pouco antes de chegar ao punto de destino HAL 9000 pregunta a David Bowman se non ten dúbidas sobre a misión e o secreto da mesma, mais ao responder este de forma negativa, o computador autointerrómpese para anunciar un fallo nunha unidade de comunicacións que podería dar lugar á perda da conexión coa Terra. David Bowman sae da Discovery nunha das pequenas naves esféricas con brazos de manipulación nun paseo espacial para substituír a unidade teoricamente avariada. Cando regresa ao interior as análises da unidade son correctas, e desde o control da misión en Terra, cun computador similar ao da nave, tampouco encontran fallo ningún, o que pon en dúbida a fiabilidade de HAL 9000.
Bowman e Poole toman precaucións para que HAL non os escoite falar sobre a posibilidade de desconectar as súas funcións superiores, pero o computador logra ler os labios dos astronautas. HAL volve diagnosticar o fallo futuro da unidade substituída, tomándose a decisión de volver deixar a orixinal para comprobar se acaba fallando ou non, pero á vez confirmando os problemas de fiabilidade de HAL. Neste caso é Poole quen sae a realizar a substitución, pero cando sae da pequena nave esférica, HAL toma o control da mesma e a lanza sobre o astronauta, provocando a despresurización do seu traxe espacial e enviándoo lonxe da Discovery.
Bowman non ten claro o que sucedeu, HAL parece non sabelo tampouco e Frank non responde, polo que monta noutra das pequenas naves e sae a rescatar o seu compañeiro. Con Bowman fóra, HAL provoca a morte dos tripulantes hibernados. Bowman logra chegar até Poole, pero xa está morto, así que o recolle e regresa á Discovery, pero HAL non lle abre o hangar. Decide intentar unha manobra arriscada que HAL non cre que poida conseguir: abandona a Frank Poole no espazo, abre a porta exterior de emerxencia da Discovery cos brazos articulados da pequena nave (pois a apertura manual escapa ao control de HAL) e coloca a escotilla da nave orientada cara a ela. Despois, activa a saída de emerxencia da escotilla, sendo lanzado cara ao interior da Discovery, onde consigue presurizar a cámara de acceso.
Xa con casco, para evitar a despresurización provocada por HAL 9000, Bowman vai á sala onde está o hardware do computador para desconectalo. Durante o percorrido, HAL parece querer explicar o sucedido, desculpándose por todo e pedindo que non o desconecte. David vai extraendo unha a unha as tarxetas de memoria; pouco a pouco vanse desconectando as funcións de HAL, que suplica compaixón a David, pero cada vez con máis problemas de comunicación até que parece retomar as súas funcións primordiais e primeiras aprendizaxes, como unha canción ("Daisy", de Harry Dacre, 1892) e, por fin, desactívase. Ao quedar HAL desconectado, ponse en marcha unha gravación que informa a David Bowman da verdadeira misión: a investigación da orixe da sinal emitida por TMA-1 en 1999, nun punto próximo a unha das lúas de Xúpiter.
Xúpiter e máis alá do infinito
Tempo despois, David Bowman chega ás proximidades de Xúpiter na Discovery e sae nunha das naves esféricas a investigar un enorme monólito negro que orbita a lúa Ío e que foi a orixe da sinal similar á do TMA-1 en 1999. Non parece haber interacción algunha, pero de socato, ao achegarse cara a el considerablemente e situarse fronte a unha conxunción astral lineal que forma unha cruz co monólito situado perpendicularmente, David comeza unha viaxe estraña por unhas paisaxes psicodélicas de luz e cor a grande velocidade.
A escena cambia repentinamente e Bowman aparece dentro da pequena nave pero, á vez, no interior dunha estraña habitación decorada ao estilo Luís XVI. Bowman sae da nave, intentando entender que é aquilo. Finalmente, nunha rápida sucesión, vese a si mesmo cada vez máis vello até acabar moribundo na cama fronte ao monólito. Repentinamente, Bowman toma forma de feto dentro dunha esfera transparente na cama da habitación, pasando despois a flotar no espazo sobre a Terra na escena final, de novo coa música de Also sprach Zarathustra.
Intérpretes
- Keir Dullea (Dave Bowman)
- Gary Lockwood (Frank Poole)
- William Sylvester (Heywood Floyd)
- Daniel Richter
- Leonard Rossiter
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2001: Unha odisea do espazo |
Ligazóns externas
- 2001: A Space Odyssey na IMDb (en inglés).