Juan López Fernández: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
aumentado desde https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Juan_%22El_Negro%22&oldid=73686442
Liña 47: Liña 47:
{{ORDENAR:Lopez Fernandez, Juan}}
{{ORDENAR:Lopez Fernandez, Juan}}


[[Categoría:Futbolistas galegos]]
[[Categoría:Futbolistas de Galicia]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]
[[Categoría:Xogadores do CD Málaga]]
[[Categoría:Xogadores do CD Málaga]]

Revisión como estaba o 12 de abril de 2014 ás 11:21

Modelo:InfFut2 Juan López Fernández, nado na Pobra do Caramiñal o 30 de outubro de 1929, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria

Comezou a súa carreira futbolística na AD Huracán e o Amanecer. Despois fichou polo Orzán SD, o Victoria CF e o Español SD. Tras pasar polo Arosa SC fichou polo Racing de Ferrol, adestrado por Tomás Castro, cos que debutou en Segunda división. Xogaron a liga de ascenso a primeira división, na que meteu tres goles.

En 1952 fichou polo CD Málaga, debutando en primeira división. Na segunda volta desa tempada o equipo estivo adestrado por Helenio Herrera, e o club malagueño conseguiu vencer no Estadio La Rosaleda por 6-0 ao Real Madrid. Na tempada 1953-54 logrou ser o Pichichi da segunda división con 20 goles.


En 1955 fichou polo Deportivo da Coruña. Nese mesmo verán gañaron fronte ao Athletic Club o X Trofeo Teresa Herrera, o primeiro que acadaba o equipo coruñés cunha dianteira formada por Juan, Arsenio Iglesias, Pahiño, Lechuga e Polo. Nesa tempada o Deportivo logrou gañar por vez primeira ao Real Madrid a domicilio.

En 1956 fichou polo Xerez CD, de segunda división. Máis tarde pasou ao Sporting Clube de Espinho de Portugal.

Logo de retirarse, pasou a ser armador de barcos de pesca.

Véxase tamén

Ligazóns externas