Nerja: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: cbk-zam:Nerja
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: cbk-zam:Nerja
Liña 52: Liña 52:
[[bg:Нерха]]
[[bg:Нерха]]
[[ca:Nerja]]
[[ca:Nerja]]
[[cbk-zam:Nerja]]
[[cs:Nerja]]
[[cs:Nerja]]
[[de:Nerja]]
[[de:Nerja]]

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2013 ás 14:29

Nerja é un municipio e cidade da provincia de Málaga (Andalucía) e o pobo máis oriental da comarca da Axarquía. É un destino turístico pertencente á Costa do Sol. Ten unha poboación oficial de máis de 22.000 habitantes, sendo case un terzo dos residentes estranxeiros, predominantemente ingleses.

Situación

Limita: ao N co municipio de Cómpeta, ao E co municipio granadino de Almuñécar, ao S co mar Mediterráneo, ao Ou co municipio de Torrox, e ao NON co municipio de Frigiliana.

Está situado a uns 52 km ao leste da cidade de Málaga, e queda a dúas horas por estrada de Granada e da estación de esquí de Sierra Nevada.

En Nerja atópase a pedanía de Maro.

Historia

Acueduto do Aguia.

Nerja ten historia longa probada polas pinturas atopadas na famosa Cova de Nerja descuberta en 1959 e hoxe en día é o sitio turístico español máis visitado tras o Museo do Prado de Madrid e a Alhambra de Granada. Baixo o reino musulmán, o nome era Narixa, que significa «fonte abundante» e que é a orixe do nome actual.

Vista do Balcón de Europa.

No centro do pobo está o Balcón de Europa, un miradoiro que regala vistas impoñentes do mar aos seus hóspedes. O nome de "Balcón de Europa" foi proposto polo Rei Afonso XII que visitou a zona en 1885 logo dun sismo desastroso, e que quedou cativado polo escenario.

Atraccións turísticas

Nerja ten varias praias, entre as que cabe destacar as de Burriana, Calahonda, el Salón, la Torrecilla e el Playazo, contando esta última cunha contorna que aínda non sufriu as consecuencias da urbanización descontrolada do litoral malagueño.

Nerja posúe un clima suave todo o ano, que permite o cultivo de froitos subtropicales como a chirimoya ou o aguacate.

En Nerja gravouse durante 1979 e 1980 a famosa serie de televisión Verano azul e naceu a cantante e actriz Nuria Fergó, en Nerja tamén naceu a actriz da serie Yo soy Bea, Ruth Núñez.

Natureza

Imágenes

Cidades irmandadas