Soraya Sáenz de Santamaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 15: Liña 15:


Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do [[Partido Popular]] e un escano de [[deputada]] por [[Circunscrición electoral de Madrid|Madrid]] durante a [[VIII Lexislatura de España|VIII Lexislatura]] ([[2004]]-[[2008]]). Na [[IX Lexislatura de España|IX Lexislatura]] foi designada por [[Mariano Rajoy]] como a portavoz do Grupo Popular no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]], en substitución de [[Eduardo Zaplana]].
Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do [[Partido Popular]] e un escano de [[deputada]] por [[Circunscrición electoral de Madrid|Madrid]] durante a [[VIII Lexislatura de España|VIII Lexislatura]] ([[2004]]-[[2008]]). Na [[IX Lexislatura de España|IX Lexislatura]] foi designada por [[Mariano Rajoy]] como a portavoz do Grupo Popular no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]], en substitución de [[Eduardo Zaplana]].

== Biografía ==
Naceu en [[Valladolid]] en [[1971]] e estudou [[secundaria]] no [[Instituto Zorrilla]]. Obtivo a [[licenciatura]] en [[Dereito]] na [[Universidade de Valladolid]] cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/reportajes/Lista/batalla/elpepusocdmg/20080406elpdmgrep_1/Tes Lista para a batalla · elpais.com]</ref> Con 27 anos, ingresou por oposición no [[Corpo Superior de Avogados do Estado|corpo de avogados do Estado]], sendo destinada inicialmente a [[León, España|León]]. Foi profesora asociada de [[Dereito administrativo]] na [[Universidade Carlos III de Madrid]].<ref>[http://www.uc3m.es/portal/page/portal/dpto_der_publico_estado/area_der_admin "Dpto. de Dereito Administrativo da UC3M"]</ref>

Casou, polo civil e en [[Brasil]], co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano [[2005]] e é nai de Iván, nacido o [[11 de novembro]] de [[2011]].<ref>http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Soraya/Saenz/Santamaria/da/luz/nino/elpepugen/20111111elpepuage_1/Tes Soraya Sáenz de Santamaría dá a luz a un neno· ELPAÍS.com]</ref> O seu esposo foi contratado por [[Telefónica]] como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).<ref>{{Cita Web |url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/03/22/telefonica-ficha-asesor-juridico-marido-soraya-saenz-santamaria/00031332408640196619399.htm|título= Telefónica ficha como asesor xurídico ao marido de Soraya Sáenz de Santamaría|obra=[[La Voz de Galicia]]|data= 22 de marzo de 2012|dataacceso= 25 de marzo de 2012}}</ref>

=== Carreira política ===
En [[2000]], xa [[Corpo de Avogados do Estado|avogada do Estado]], iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro [[Mariano Rajoy]],<ref>Diario el País, 6 de abril de 2008</ref> ás ordes directas do seu director de gabinete [[Francisco Villar García-Moreno]].

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.<ref>[http://www.elmundo.es/encuentros/invitados/2006/02/1882/ elmundo.es | Encontro dixital con Soraya Sáenz de Santamaría]</ref>

Nas [[Eleccións xerais de España de 2004|eleccións xerais de 2004]] colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando [[Rodrigo Rato]], número dous da lista, trasladouse a [[Washington]] para presidir o [[Fondo Monetario Internacional]].

Nas [[Eleccións xerais de España de 2008|eleccións xerais de 2008]], figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O [[31 de marzo]] de [[2008]], o líder do PP, [[Mariano Rajoy]], anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]] en lugar de [[Eduardo Zaplana]], que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Congreso/PP/sera/Valencia/junio/elpepuesp/20080331elpepunac_6/Tes Rajoy inicia a renovación do PP colocando a Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso · ELPAÍS.com]</ref>

Tras gañar o [[Partido Popular]] as eleccións xerais celebradas o [[20 de novembro]] de [[2011]], o líder do PP, [[Mariano Rajoy]], designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/21/espana/1321891092.html Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es]</ref>

O día [[21 de decembro]] de [[2011]] foi nomeada [[Vicepresidente primeiro do Goberno de España|vicepresidenta]], [[Ministerio da Presidencia de España|ministra da Presidencia]], coas competencias sobre os [[Centro Nacional de Intelixencia|servizos de intelixencia]], que anteriormente estaban incluídas en [[Ministerio de Defensa de España|Defensa]], e [[Portavoz do Goberno de España|portavoz]] do executivo presidido por [[Mariano Rajoy]].<ref>{{Cita Web|url=http://boe.es/boe/dias/2011/12/22/pdfs/BOE-A-2011-19942.pdf|publicación=BOE|título=Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno|data=22 de decembro de 2011|dataacceso=22 de decembro de 2011}}</ref>

== Notas ==
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 8 de novembro de 2012 ás 13:27

Infotaula de personaSoraya Sáenz de Santamaría
Biografía
Nacemento(es) María Soraya Sáenz de Santamaría Antón Editar o valor em Wikidata
10 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
España Valladolid
Cargos
Vicepresidenta primeira
Ministra da Presidencia
Portavoz do Goberno de España
Deputada en Cortes Xerais de España
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Altura1,52 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogada do Estado e profesora de Dereito administrativo
EmpregadorConsello de Estado de España (2018–)
Universidade Carlos III de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Twitter: Sorayapp Dialnet: 1195515 Editar o valor em Wikidata

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nado en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Desde o 22 de decembro de 2011 é vicepresidenta, ministra da Presidencia e portavoz do Goberno de España presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Biografía

Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]

Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]

Carreira política

En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]

Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.

Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]

Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]

O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e portavoz do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas