Comida rápida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:
''Whopper normal sen queixo''. 640 kilocalorías.
''Whopper normal sen queixo''. 640 kilocalorías.


*[[MacDonald]]
*[[McDonald´s]]
''Big Mac''. 590 kilocalorías.
''Big Mac''. 590 kilocalorías.



Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2010 ás 16:11

Comida rápida.

A comida rápida (calco lingüístico do inglés fast food) é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes.

Produtos

Considéranse comida ráppida os seguintes:

Definición

A comida rápida, en contra do que se pensa comunmente, non é un invento recente estadounidense, senon que existe dende fai moitos anos, adaptada ás costumes das diferentes zonas xeográficas. Este producto contén determinadas características polas que resulta tan atractivo, entre as que se atopan a rapidez, a diversidade, a comodidade e o seu baixo custo. Ademais, normalmente este tipo de comida é agradable ó padal e posúe unha capacidade de saciedade inmediata debido en parte a súa gran cantidade de calorías. Estes alimentos pódense atopar en establecementos, pero é moi común poder mercalos nas rúas, sendo comercializados por vendedores ambulantes, coñecidos tamén como street food. Esta práctica remonta á antigüidade e ten presenza en practicamente todas as rexións do mundo moderno malia que pode ser considerada unha forma de Fast food. Ó sector da sociedade que máis consume este tipo de comida é o da mocidade e a localización na que máis se comercializa é as grandes cidades.

Achega de calorías

Para podernos facer unha idea da cantidade de calorías que poden aportar estes alimentos debemos saber que a cantidade a inxerir diaria debe rondar entre as 1500 e as 2500 (dependendo do sexo, idade e complexión física da persoa). Neste sentido, considérase que un home adulto de vida sedentaria precisa dunhas 2100 kilocalorías, mentres que se a súa actividade física é elevada rondaría as 3000-3500 kilocalorías. O consumo enerxético das mulleres é menor (agás cando están embarazadas e atópase ó redor das 1800-2200 kilocalorías, variando en función do esforzo físico a realizar. Polo xeral, esta cantidade é a que ronda unha soa comida da denominada comida ráppida. Exemplificarémolo de seguido aportando os datos da comida comercializada nos Estados Unidos:

Double Whopper con queixo. 960 kilocalorías.

Double Whopper sen queixo. 870 kilocalorías.

Whopper normal sen queixo. 640 kilocalorías.

Big Mac. 590 kilocalorías.

Double Quarter Pounder con queixo. 730 kilocalorías.

Hamburguesa normal. 280 kilocalorías.

Pataca (papa) grillada con touciño e queixo. 580 kilocalorías.

Empanerado de polo grillado. 300 kilocalorías.

Ensalada "Mandarin Chicken Salad", sen aderezo. 150 kilocalorías.

Unha porción da Supéreme Stuffed Crust (posúe a base rechea) con queixo e salsa extra. 440 kilocalorías.

Dúas porcións da pizza anterior con panecillos, salsa e refrixerio grande. 1430 kilocalorías.

Unha porción de pizza con base fina, con peperoni, pementos, olivas, fungos e jalapeños. 200 kilocalorías.

Dúas porcións da pizza anterior con refrixerio light. 400 kilocalorías.

Unha peza de polo de receita orixinal. 360 kilocalorías.

Un panecillo "biscuit". 190 kilocalorías.

Porción de 6 ás de polo grilladas. 540 kilocalorías.

Sándwich "Oven Roasted Twister". 380 kilocalorías.


Para poder seguir a comparar, amosáse de seguido as calorías que conteñen algúns alimentos en 100 gramos. Débese recordar que a abreviatura Cal refírese a kilocalorías:

Aceite de oliva. 899 kilocalorías.

Auga. 0 kilocalorías.

Avelás sen pelar, tostadas con sal. 662 kilocalorías.

Refrexerio con gas e cafeína. 41 kiloclorías.

Refrixerio baixo en calorías. 4 kilocalorías.

Chuleta grillada de porco. 263 kkilocalorías.

Detractores

Este producto acumula numerosos detractores debido a que, sumado á falta de exercicio, propicia numerosas enfermidades cardiovasculares, sobrepeso e obesidade.

O principal movemento organizado de contraposición é o chamado Slow food, que tivo a súa orixe en Italia, no ano de 1989 e que actualmente posúe máis de 70.000 socios procedentes de todo o planeta. O seu distintivo é o dun caracol. Slow Food cuestiona a comida industrial e rápida e reforza o pracer da mesa, o comer paseniñamente, comendo platos tradicionais, saboreando alimentos autóctonos e fomentando a variedade de ingredientes que garanticen unha alimentación equilibrada.

Bibliografía

Schlosser, E. (2002, 2ª edición) Fast food: el lado oscuro de la comida rápida. Barcelona: Ed. Grijalbo. (en castelán)

Stevens, N. (2002, 2ª edición) Tabla de calorías. Málaga: Ed. Sirio Argentina. (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas