Saltar ao contido

O Lago, Maside

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Lago
Igrexa do Lago.
ConcelloMaside[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°24′19″N 8°02′49″O / 42.40530536, -8.04705628
Poboación145 hab. (2022)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño do Lago é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 168 habitantes (87 mulleres e 81 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 199 habitantes. Nesta parroquia está o Puzo do Lago, espazo natural de interese local.

Lago de Maside

[editar | editar a fonte]

Existe na parroquia unha lagoa que foi declarada en 2014 como Espazo Natural de Interese Local pola súa diversidade biolóxica e o seu patrimonio arqueolóxico.[2] A lagoa formouse sobre unha zona que os romanos escavaron para aproveitar o ouro.

Pero a tradición popular deulle outra orixe. Corre a lenda de que baixo o chamado Puzo do Lago existe unha cidade que quedou asolagada porque ninguén dos moitos veciños ós que a Virxe foi pedir esmola, nin sequera o párroco, quixo darlle nada. Unicamente tivo dó dela unha moza que andaba coas ovellas no monte e deulle todo o pan que tiña para a súa comida. Como castigo, a Virxe maldixo a aldea dicindo: "Lago te asulago, co de arriba para abaixo, que quede esta rapaciña con esta cadeliña", e a vila desapareceu para sempre baixo as augas.[3][4][5]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Lago

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Lago no concello de Maside (Ourense)

Alén | Ansamonde | Bouzas | Estúniga | Lavandeira | Lovada | A Reguenga | Ribiñas | Toscaña

Parroquias de Maside

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Maside

Amarante (Santa María) | Armeses (San Miguel) | Garabás (San Pedro) | O Lago (San Martiño) | Louredo (Santa María) | Maside (San Tomé) | Piñeiro (San Xoán) | Rañestres (San Mamede) | Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Orde do 23 de xaneiro de 2014 pola que se declara, de xeito definitivo, como espazo natural de interese local o espazo Puzo do Lago, no concello de Maside (Doga nº 21, de 31.01.2014)[1].
  3. Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Lago.
  4. Eladio Rodríguez González.
  5. Misterios y leyendas de Galicia y Asturias.