Escafópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Escafópodo")
Escafópodos
Scaphopoda
Cabeiros / dentalios
Antalis vulgaris
Antalis vulgaris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Scaphopoda
Bronn, 1862 [1]
Ordes

Os escafópodos (Scaphopoda),[2] coñecidos vulgarmente como cabeiros[3] ou dentalios,[4] son un pequeno grupo de moluscos que teñen unha cuncha lixeiramente curvada en forma de dente de elefante que está perforada polos dous extremos: unha parte anterior que é máis ancha e esta disposta cara a abaixo, e unha parte posterior que é máis estreita e está disposta cara a arriba, xa que é o lugar por onde entra e sae a auga.

Estes animais posúen simetría bilateral e viven enterrados na area ou na lama e teñen un furador trilobulado que sobresae pola abertura anterior arredor do cal saen uns tentáculos longos e delgados chamados captáculos que serven para procurar o alimento.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Scaphopoda está formado polos elementos do latón científico scapho-, tirado do grego antigo σκάφη skáphē, 'bote', e -poda, forma plural de -podus, derivada do grego antigo πούσ ποδός poús, podós, 'pé', en alusión á forma do pé destes moluscos.[5]

Os nomes vulgares cabeiro e dentalio derivan, respectivamente, da súa forma de dente cairo, e do xénero Dentalium, que comprende algunhas das especies máis coñecidas desta clase de moluscos.

Anatomía interna[editar | editar a fonte]

Aparato dixestivo[editar | editar a fonte]

Estes animais posúen unha masa bucal ben desenvolvida que contén un odontóforo e unha rádula, característicos da maioría dos bivalvos, e que lles serve para esnaquizar e axudar a tragar o alimento. Logo teñen un esófago que se continúa nun estómago que desemboca nun cego onde hai unhas glándulas dixestivas. A continuación está o intestino que bota as feces a través do ano e estas chegan á cavidade paleal e son expulsadas polas correntes de auga que circulan pola mesma.

Sistema nervioso[editar | editar a fonte]

É semellante ao dos bivalvos protobranquios pero con dous ganglios bucais que están conectados aos ganglios cerebrais. Como principais órganos dos sentidos están os captáculos que semellan ter unha función táctil e que algún tipo de estímulo fai que o animal comece a enterrarse. Tamén teñen uns estatocistos situados no pé. A cabeza e a cefalización están moi pouco desenvolvidas.

Aparato circulatorio[editar | editar a fonte]

En xeral, os escafópodos carecen de corazón e cavidade pericárdica e no seu lugar a circulación funciona por unha serie de seos abertos.

Aparato respiratorio[editar | editar a fonte]

Carecen de branquias, e no seu lugar usan os pregos do manto para os procesos de intercambio respiratorio de gases.

Aparato excretor[editar | editar a fonte]

Teñen uns órganos excretores tipo nefridio que non están conectados co celoma pericárdico.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Son animais dioicos, e dicir, de sexos separados (macho e femia). No corpo destes animais aparece unha gran gónada que percorre a metade do corpo. A partir da fecundación aparece unha larva trocófora que sofre unha metamorfose e transfórmase nunha larva velíxera.

Alimentación[editar | editar a fonte]

A maior parte da súa alimentación baséase nos detritos e diversos protozoos do substrato. Estes son capturados polos cilios do pé e son levados á boca.

Distribución[editar | editar a fonte]

Existen máis de 300 especies de cabeiros[6], sendo todos eles mariños. A inmensa maioría deles viven en augas pouco profundas ou medias, aínda que algúns poucos poden chegar a habitar a grande profundidade (ata 5.000 m).

Distribución en Galicia[editar | editar a fonte]

Actualmente, segundo Rolán e Otrero Schmitt só se atopan dúas especies na costa galega:[7]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo o World Register of Marine Species, a clase dos Scaphopoda comprende dúas ordes,[1] coas familias seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Scaphopoda Bronn, 1862 no WoRMS.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escafópodos.
  3. cabeiro3 en Digalego.com
  4. dentalio s.m. Molusco escafópodo (Dentalium vulgare), de cuncha tubular e afusada, en forma de dente de elefante [vive en fondos lamacentos, sobre todo no interior das rízas]. En: Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009.
  5. Scaphopoda en MyEtymology.
  6. Hickman, C.P., Roberts, L. e Larson, A. Integrated Principles of Zoology, 11ª edición. Editorial McGraw-Hill, Nova York (2001)
  7. Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3, páx. 269.
  8. Antalis vulgaris (da Costa, 1778) no WoRMS.
  9. Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) no WoRMS.
  10. Dentaliida Starobogatov, 1974 no WoRMS.
  11. Gadilida Starobogatov, 1974 no WoRMS,
  12. Entalimorpha no WoRMS.
  13. Gadilimorpha no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escafópodos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escafópodos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
  • Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
  • Steiner, G. & Kabat, A. R. (2004): "Catalog of species-group names of Recent and fossil Scaphopoda (Mollusca). Zoosystema 26 (4): 549-726. Ver en liña.
  • VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]