Heinrich Georg Bronn
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de marzo de 1800 Ziegelhausen |
| Morte | 5 de xullo de 1862 (62 anos) Heidelberg |
| Educación | Universidade de Heidelberg |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Zooloxía e paleontoloxía |
| Lugar de traballo | Heidelberg |
| Ocupación | botánico, xeólogo, zoólogo, profesor universitario, paleontólogo, naturalista |
| Empregador | Universidade de Heidelberg |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Bronn |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Heidelberger Gelehrtenlexikon 1803–1932, (p.31-32) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Heinrich Georg Bronn, nado en Ziegelhausen, preto de Heidelberg, o 3 de marzo de 1800 e finado en Heidelberg o 5 de xullo de 1862, foi un médico, xeólogo, paleontólogo e naturalista alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Heidelberg, dutorándose en medicina en 1821. Ao ano seguinte foi nomeado profesor de Historia natural. A partir de entón dedicouse ao estudo da paleontoloxía e ao traballo de campo en varios lugares de Alemaña, Italia e Francia.
Entre 1830 e 1862 colaborou na edición do Jahrbuch für Mineralogie, continuado como Neues Jahrbuch. A súa obra principal, Letkaea Geognostica (2 vol., Stuttgart, 1834-1838; 3ª ed. con F. Romer, 3 vol., 1851-1856), considérase unha das fundadoras da estratigrafía alemá.
No seu Handbuch einer Geschichte der Natur, cuxa primeira parte apareceu en 1841, daba conta da historia física da Terra; a segunda parte trataba da historia orgánica, considerando as especies como actos directos da creación; a terceira incluía o Index Palaeontologicus, que apareceu en 3 volumes (1848-1849) coa colaboración de Hermann von Meyer e H. R. Göppert.
Bronn comezou tamén un importante traballo sobre zooloxía actual e fósil (Die Klassen und Ordnungen des Thier-Reichs) que foi continuado por outros naturalistas. Bronn escribiu os volumes dedicados aos Amorphozoa, os Actinozoa e os Malacozoa (1859-1862).
En 1861 foi galardoado coa medalla Wollaston pola Geological Society of London (Sociedade Xeológica de Londres).
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]- Xénero Bronnia Kunth da familia das Fouquieriaceae, sinónimo de Frouquieria.[1]
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Bronn emprégase para indicar a Heinrich Georg Bronn como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
- A abreviatura Bronn emprégase para indicar a Heinrich Georg Bronn como autoridade na descrición e taxonomía en botánica
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Genus: Fouquieria Kunth en U.S. National Plant Germplasm System.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heinrich Georg Bronn |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heinrich Georg Bronn |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Junker T. (1991): "Heinrich Georg Bronn and Origin of Species" (Resume) Sudhoffs Arch. 75 (2): 180-208.