Erwin Olaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErwin Olaf

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Erwin Olaf Springveld Editar o valor em Wikidata
2 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata
Hilversum, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Groninga - Groningen, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Enfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchool voor Journalistiek (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafo , videoartista , activista LGBT Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLIMA (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
Does It Do Anything For Me? (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Páxina weberwinolaf.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0645868 Musicbrainz: 1e2535bf-e17c-4bb3-9511-1bec0c325420 Editar o valor em Wikidata

Erwin Olaf Springveld, nado en Hilversum, na Holanda Setentrional, o 2 de xullo de 1959, é un fotógrafo profesional dos Países Baixos, coñecido polos seus deseños dos anversos da segunda serie de moedas de euro do seu país.

Como nome artístico prescinde do su apelido e utiliza unicamente os seus dous nomes de pía: Erwin Olaf.[1] Reside e traballa en Ámsterdam.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Erwin Olaf naceu en Hilversum en 1959, fillo de Lydia van 't Hoff e de Simon Jacobus Springveld, e a súa familia trasladouse a Hoevelaken en 1967.[1]

Entre 1971 e 1977 cursou o seu ensino secundario no instituto HAVO, de Amersfoort, e a continuación realizou estudos superiores na Escola de Xornalismo de Utrecht, onde aprendeu da man de Dirk van der Spek os fundamentos da forografía.[1]

Fotografía profesional[editar | editar a fonte]

En 1980 trasladouse a Ámsterdam e traballou dous anos como asistente do fotógrafo André Ruigrok. En 1982 pasou atraballar de maneira independente e o ano seguinte participou, nesa cidade, na súa primeira exposición colectiva, titulada Among Men, Among Women. En 1983 comezou a colaborar asiduamente coas súas fotografías en revistas internacionais do ámbito homosexual, como Gaykrant (Países Baixos), Gai-pied (Francia), The Advocate (EEUU), Gay-Times (Reino Unido) e Rosa Frieder (Alemaña), e tamén publicou artigos sobre técnica fotográfica na revista Focus, a máis antiga do sector nos Países Baixos.[1]

A partir de 1983 comezou a dedicarse á fotografía escenificada e publicitaria. O abano dos encargos ampliouse considerablemente, desde fotografía de moda ata cubertas de discos, e comezou a publicar unha serie semanal de retratos na revista The Hague.[1]

A súa carreira tomou unha dimensión internacional logo de acadar o primeiro premio do concurso Novo Fotógrafo Europeo pola súa serie Chessmen, en 1988, que expuxo posteriormente no Museo Ludwig en Colonia.[1]

En 1990 entrou no eido da videoarte como creador de dous vídeos musicais para a cantante La Pat.[1]

O prezo máis alto alcanzado por unha fotografía de Erwin Olaf nunha poxa foron 27.168 euros, ofrecidos nunha poxa que tivo lugar en Nova York en outubro de 2009, pola fotografía titulada Hope 5 da serie Hope Portraits (2005).[3]

Anversos da serie de moedas do euro dos Países Baixos, a nome de Guillerme Alexandre. Deseño: Erwin Olaf.

Ademais destas series persoais, Erwin Olaf traballa tamén con marcas coñecidas como Nokia ou Levi's, Diesel ou Bottega Veneta, aínda que non por iso deixou de criticar a industria da moda con series como Fashion Victims, realizada en 2000, na que se amosan modelos expidas co rostro cuberto por bolsos de marcas de luxo.[4][5]

Deseño de moedas do euro[editar | editar a fonte]

Á marxe da fotografía, os deseños de Erwin Olaf foron os escollidos pola Real Casa da Moeda dos Países Baixos para os anversos da serie completa de moedas do euro cuñadas a partir de 2014, logo da entronización do rei Guillerme Alexandre en abril de 2013. [6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1988: Novo Fotógrafo Europeo pola súa serie Chessmen.[1]
  • 1999: León de Prata, Festival Internacional da Publicidade de Cannes, pola campaña "Diesel".[7]
  • 2001: León de Prata, Festival Internacional da Publicidade de Cannes, pola campaña "Heineken".[7]
  • 2008: Premio Lucie, dos Estados Unidos.[8]
  • 2011: Premio Johannes Vermeer das artes, do Estado neerlandés.[8][9]
  • 2014: Premio Círculo de Críticos de Arte, de Chile.[10][11]
  • 2019: Cabaleiro da Orde do León dos Países Baixos.[2][12][13]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Erwin Olaf". Depth of Field. Universiteir Leiden.
  2. 2,0 2,1 "Erwin Olaf. Biography". Erwinolaf.com
  3. "Recordprijs voor foto Erwin Olaf". En Het Parool. 9 de outubro de 2009.
  4. "Erwin Olaf". Societé photographique de Rennes.
  5. "Fashion Victims". Erwinolaf.com
  6. Moedas deseñadas por Erwin Olaf. Numista.com
  7. 7,0 7,1 "Erwin Olaf". Societé photographique de Rennes. Páxina 16.
  8. 8,0 8,1 "Erwin Olaf Arquivado 07 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Akademoe van Kunsten.
  9. "Erwin Olaf. Dopplete retrospektive". En LFIonline.de. 15 de febreiro de 2019.
  10. "Erwin Olaf". Arteinformando.com
  11. "Exposición del Museo de Arte Contemporáneo recibe reconocimiento del Círculo de Críticos de Arte". Universidad de Chile (Ucjile.cl)
  12. "Erwin Olaf nu Ridder in de Orde van de Nederlandse Leeuw". RTLBoulevard.nl. 2 de xullo de 2019.
  13. "Erwin Olaf benoemd tot Ridder in de Orde van de Nederlandse Leeuw". Gemeente Amsterdam (Amsterdam.nl)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]