Ernst Pöppel
Ernst Pöppel | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1940 |
Lugar de nacemento | Świeszyno, West Pomeranian Voivodeship |
Nacionalidade | Alemaña |
Ocupación | psicólogo, neurocientífico e profesor universitario |
Premios | Bayerische Verfassungsmedaille in silver |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ernst Pöppel, tamén transcrito Poeppel, nado en Schwessin, hoxe Świeszyno, Pomerania Oriental, Polonia, o 29 de abril de 1940[1] é un psicólogo e neurocientífico alemán, profesor emérito de psicoloxía médica na Universidade de Múnic, coñecido polas súas investigacións sobre a neuropsicoloxía da visión e da percepción temporal. Tamén investigou o efecto das rimas e da métrica no cerebro. É pai de David Poeppel.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Década de 1960[editar | editar a fonte]
Estudou Psicoloxía e Bioloxía en Friburgo e Múnic antes de doutorarse en Innsbruck, Austria, en 1968. Realizou investigacións sobre a percepción temporal e os ritmos circadianos, entre 1964 e 1968, no Instituto Max Planck de Fisioloxía do Comportamento, e sobre a neurofisioloxía da visión en 1969-1970 no Instituto Max Planck de Psiquiatría de Múnic.
Década de 1970[editar | editar a fonte]
De 1971 a 1973 realizou investigacións no campo da neuropsicoloxía da visión no Departamento de Psicoloxía e Ciencias do Cerebro do MIT. Ao mesmo tempo, formou parte do Programa de Investigación en Neurociencia (NRP). Ao mesmo tempo, xunto con Richard Held e Douglas Frost, describiu un fenómeno de visión residual que se coñeceu como visión cega.
En 1976 converteuse en profesor de psicoloxía médica na Universidade de Múnic. En 1977 fundou o Instituto de Psicoloxía Médica, e pasou a ser o seu director, cargo que ocupou até 2008.
HWS[editar | editar a fonte]
En 1997, xunto co neurocientífico Gerhard Neuweiler, fundou o Zentrum Humanwissenschaftliches (HWZ, Centro de Ciencias Humanas) na Universidade de Múnic, do que é director xeral desde entón. O HWZ é unha plataforma interdisciplinar e internacional dedicada á investigación e que ten como obxectivo salvar a brecha entre as diferentes facultades académicas e estimular a súa cooperación.
Recoñecementos e membresías[editar | editar a fonte]
- 2008 Honoris Causa da Sociedade Europea de Radioloxía, Viena
- 2007 Medalla de Ouro do Peutinger Collegium, Baviera
- 2005 Bayerische Verfassungsmedaille in Silber
- 2004 Decano de Ciencias da Academia Europea de Ciencias e Artes
- 2002 Pr. Humboldt na Universidade de Ulm
- 1995 Exposición no "Deutsches Museum Bonn"
- 1993 Membro da “Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina” (ML)
- 1991 e despois: Profesor invitado en Jena/Alemaña, Nijmwegen/Países Baixos, Madrid/España, Edimburgo/Escocia, RU e Helsinqui/Finlandia
- 1991 Oferta como presidente do Centro Nacional de Investigación KFA, Jülich/Alemaña
- 1988 Medalla J. E. Purkinje das Sociedades Médicas Checas
- 1984 Premio Levinson da Asociación Americana de Poesía
- 1983 Premio da Asociación de Xornalistas Médicos Alemáns
- 1975 Pre-cátedra na Medical PsycholoyRheinisch-Westfälische-Technische-Universität (RWTH) Aquisgrán, Alemaña
- 1959 Premio Scheffel (pola lingua alemá na escola secundaria)
Afiliacións[editar | editar a fonte]
- Organización Internacional de Investigación Cerebral (IBRO)
- Sociedade Europea do Cerebro e do Comportamento (EBBS)
- Asociación Europea de Neurociencia (ENA)
- Sociedade para a Neurociencia
- Neurowissenschaftliche Gesellschaft
- Deutsche Physiologische Gesellschaft
- Deutsche Gesellschaft für Medizinische Psychologie (expresidente)
- Deutsche Gesellschaft für Psychologie
- Deutsche Gesellschaft für Naturforscher und Ärzte
- Deutscher Hochschulverband2008 Profesor Honoris Causa da Sociedade Europea de Radioloxía, Viena
Divulgación[editar | editar a fonte]
Como divulgador, tentou achegar o coñecemento científico ao gran público a través de libros, artigos de lectura accesibles e mesmo unha serie de televisión titulada "O universo máxico do cerebro". Paralelamente ás súas investigacións sobre a visión e a percepción temporal, promoveu a cooperación interdisciplinar entre científicos e artistas nun campo común denominado a miúdo "neuroestética".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Curriculum Vitae - Institute of Medical Psychology - LMU Munich". www.imp.med.uni-muenchen.de (en inglés). Consultado o 2022-07-12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernst Pöppel ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Home (wegall.net)