Enrique Ramil
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Enrique Ramil | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Enrique Ramil |
Data nacemento | 18 de xuño de 1984 (39 anos) |
Nado en | Ares |
Ocupación | Cantante, compositor e profesor |
Xénero | Pop, Jazz, Gospel, Soul, Música electrónica |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Tercera Planta (2011), Sony Music (2018), AGP Music (2019-actualidade) |
Tempo en activo | 2005 - actualidade |
Na rede | |
http://www.enriqueramil.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Enrique Ramil, nado en Ares o 18 de xuño de 1984, é un cantante, músico, compositor e profesor galego que participou en programas como Operación Triunfo 8, Factor X[1] e Tierra de Talento (2020), sendo gañador deste último.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos tres anos comezou a cantar no coro parroquial da súa vila natal[3], para adestrar despois en canto e teatro musical. A súa carreira profesional comezou no 2005 pasou por etapas de diversa índole, dende a rúa ata a televisión. Entre 2006 e 2007 participa como Coco Mandala, rol protagonista no musical PaquitaDora[4]
En 2009 Enrique participou no concurso de televisión La batalla de los coros de Cuatro, formando parte do coro coordinado pola cantante Marta Sánchez[5] Durante ese ano presentou o tema "Es mi voluntad" para a preselección de Festival de Eurovisión 2010[6] quedando o número 28 de máis de trescentos temas candidatos.[7]. En 2010 pasou polo concurso Tu sí que vales[8] de Telecinco.
Enrique participou no casting para OT 2011, a oitava edición do programa de televisión musical Operación Triunfo en España. Foi seleccionado como un dos 16 concursantes que ingresaron na Academia[9]. Grazas a este programa e á xira posterior obtivo unha gran visibilidade a nivel estatal.
En 2012 fundou o coro Mandala Gospel en Ares, que dirixiu ata 2015[10]. Comeza tamén a súa carreira como adestrador vocal[11].

Entre 2015 e 2017 viviu en Londres, onde cantou na rúa[12] e participou en The X Factor (Reino Unido), aínda que decidiu retirarse durante o Six chairs challenge (desafío das seis cadeiras).
Despois de regresar a España, en 2017 traballou como corista en La voz e La Voz Kids como parte da formación Black Light Gospel Choir[13] durante a súa edición en Telecinco, ata que decidiu presentarse en Factor X (España), sendo seleccionado e acadando o semifinais en programas de televisión.
Despois da súa participación no programa de televisión, comeza unha xira titulada Ramil y una noches na que abarca cancións clásicas que despois recollería nun novo álbum co mesmo nome[8] e que lanzou ao mesmo tempo que unha campaña de crowdfunding[14] para o seu videoclip "Volcanes".
Durante o ano 2019 estivo publicando unha serie de sinxelos nos que abarca temas doutros artistas como Perdóname escrita por Beatriz Luengo e popularizada por Ricky Martin, ou 18 años popularizada por Luz Casal.
En 2020 Enrique Ramil apareceu na segunda edición do programa de televisión Tierra de Talento, en Canal Sur, acadando admiración en todas as galas do xurado formado por India Martínez, José Mercé, Carlos Álvarez e Jesús Reina[15]. Ao longo do programa interpretou as versións[16] de cancións da India Martínez, Vanesa Martín, Rocío Jurado ou unha mestura da banda sonora do musical Aladdín, para o que foi un xenio durante unha das súas actuacións no programa[17]. O 25 de xullo proclamouse gañador da edición, despois de interpretar a súa versión da canción de Alejandro Sanz Mi soledad y yo[18]
Durante a súa estancia nos Estados Unidos, compuxo e gravou cancións para o que será o seu novo proxecto discográfico. En novembro, o artista ofrece dous concertos, un en Nova York e outro en Miami.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Versión original (2008; CD)
- Juguetes Rotos (2011; CD; Tercera Planta)
- Thank You (2015; CD)
- Ramil y una noches (2019; CD; AGP Music)
EPs[editar | editar a fonte]
- Believe in Love (2012)
- Volcanes (2019)
- Paradise (2019)
Sinxelo[editar | editar a fonte]
Ano | Canción | Álbum | Discográfica |
---|---|---|---|
2011 | «Juguetes Rotos» | Tercera Planta | |
«Si me caigo...» | |||
2018 | «The Sound of Silence» | ||
«Hombres» | |||
«Toy» | |||
«Muera el amor» | |||
2019 | «Volcanes» | ||
«La gata bajo la lluvia» | |||
«Perdóname» | |||
«90 minutos» | |||
«18 años» | |||
2020 | «90 Minutos + Durmiendo Sola» | ||
«Señora + Se nos rompió el amor» | |||
«Soy lo prohibido» | |||
«A tu vera» | |||
2021 | «Lela» | ||
«El perdón» | |||
«Mentira» |
Colaboracións[editar | editar a fonte]
Ano | Sinxelo | Álbum |
---|---|---|
2011 | «Juguetes Rotos» (con Ainhoa Cantalapiedra) | |
«Fios de vida» (con María do Ceo) | ||
«Mira hacia el cielo» (con Rosa Cedrón) | ||
2012 | «Believe in Love» (Pride Barcelona 2012 Anthem) | |
2017 | «Ghetto Track» (colaboración con Vanilla Ace) | |
2019 | «Don't You Worry Child» (colaboración con Freshtuff) | |
2020 | «No somos inmortales» (colaboración con varios artistas) [19] | |
«Leo» (colaboración con Alejandro de Pinedo) | ||
«Forgiveness» (colaboración con J Sanz) | ||
«Time To Fly» (colaboración con Carlos Garo) | ||
2021 | «Lela» (colaboración con María Villalón) | |
«El Perdón» (colaboración con Diana Navarro) |
Videoclips[editar | editar a fonte]
Ano | Canción | Dirección |
---|---|---|
2009 | Es mi voluntad (preselección Eurovisión 2010) | |
2011 | Juguetes Rotos | Victor Moreno |
2012 | Si me caigo... | Cristina Fraga |
2019 | Volcanes | Fran Granada |
Perdóname | David León | |
18 años | David León | |
90 minutos | David León | |
2020 | You Make Me Feel So Young (Enrique Ramil & The Jazzifiers) | David León |
90 minutos + Durmiendo sola | David León | |
Señora + Se nos rompió el amor | David León | |
Soy lo prohibido | David León | |
A tu vera | David León | |
2021 | El Perdón (dúo con Diana Navarro) | David León |
Mentira | Alexander Escorcia |
Xiras[editar | editar a fonte]
- 2007-2009: Cocó Mandala y Jazz Kidding
- 2009-2010: Enrique Ramil Quartet (Galicia)
- 2011: Gira OT 2011 (España)
- 2012-2020: Ramil y una noches (España)
- 2021: Gira 2021 (Madrid, Ciudad de Panamá, Bogotá, Santiago de Chile, Ciudad de México y Caracas)
- 2023: Señoras de la canción (España)
- 2023: Con el corazón en la mano (México)
Musicais[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Plataforma | Papel | Notas |
---|---|---|---|---|
2009 | La batalla de los coros | Cuatro | Membro do coro de Marta Sánchez | Concursante |
2010 | Tú sí que vales | Telecinco | El mesmo | Concursante |
2011 | Operación Triunfo | Telecinco | El mesmo | Concursante na Academia |
Land Rober | TVG | El mesmo | Invitado | |
2015 | O país mais grande do mundo | TVG | El mesmo | Invitado |
2018 | Factor X (España) | Cuatro | El mesmo | Concursante e finalista da edición |
2019 | Estando Contigo | CMM | El mesmo | Invitado[21] |
El legado de... | Canal Sur | El mesmo | Invitado[22] | |
2020 | Tierra de talento[23] | Canal Sur | El mesmo | Concursante e gañador da edición |
Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
2020 | Adultos | Tierra de talento Canal Sur | Gañador |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El cantante Enrique Ramil saborea en Tierra de Talento una victoria “que ya tocaba”". Diario de Ferrol. 29 de xullo de 2020.
- ↑ "Me rindo", "te quiero", confesiones del jurado al ganador, Enrique Ramil. Canal Sur
- ↑ "Ramil (‘Operación Triunfo’): «Lo negativo para la carrera de un cantante es no ser honesto con uno mismo» Ambienteg.com". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ Cogam.es
- ↑ "Tres voces de la comarca para el coro de Marta Sánchez". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 2009.
- ↑ "La estrella de 'OT' es Enrique Ramil, un 'drag queen' gallego". El Correo Gallego. 31 de xaneiro de 2011.
- ↑ "esc-history.com". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "Enrique Ramil: “Hay mucha gente que cree en lo que hago”". Diario de Ferrol. 26 de decembro de 2018.
- ↑ "«Me siento más valorado por la gente en las calles de Londres»". La Voz de Galicia. 21 de agosto de 2015.
- ↑ "maspalomaspride.es". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "radiounioncatalunya.com". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ as.com Factor X: Enrique Ramil ya fue concursante de OT y en Tú sí que vales. as.com
- ↑ "«Me han dado mucha caña por no esconder mi sexualidad»". ABC. 13 de maio de 2018.
- ↑ "Ramil: "La tele está bien pero hay que saber en qué programa participar. No volvería a Operación Triunfo"". La Opinión de Málaga (en castelán). 6 de febreiro de 2019.
- ↑ Enrique Ramil gana la segunda edición de Tierra de Talento. Formula TV
- ↑ Ramil no defraudó y ganó el concurso «Tierra de Talento»
- ↑ Enrique Ramil, el genio de Aladdin, directo a la final en una alfombra mágica
- ↑ canal "Me rindo", "te quiero", confesiones del jurado al ganador, Enrique Ramil. Canal Sur
- ↑ No somos inmortales, de Raquel Brandía se hace himno de los artistas emergentes. revistayoung.es
- ↑ www.cogam.es
- ↑ Castilla La Mancha Media[Ligazón morta]
- ↑ europapress.es
- ↑ lavozdegalicia.es