María do Ceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría do Ceo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Porto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOurense Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2966270 Facebook: mariadoceofadista Twitter: mariadoceofadol Editar o valor em Wikidata

María do Ceo é unha cantante de fado galega, residente en Ourense, pero nacida na cidade portuguesa de Porto.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada na cidade de Porto trasládase de nena á cidade das Burgas. Traballa de caixeira nun supermercado ata que en 1993 dá o salto ao mundo do fado, aproveitando o potencial da súa voz.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Dende os seus inicios leva gravado ao redor de 8 discos, cantando cancións, inspiradas moitas das veces na raíña do fado, a fadista portuguesa Amália Rodrigues. Durante a súa extensa carreira ofreceu concertos e actuacións en diferentes países: España, Portugal, Alemaña, Francia, Suíza, Italia, Alxeria, Exipto, Uruguai e Arxentina. No ano 2011 compón o himno do Couto Mixto.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[2]

  • 1997: Cartas de amor
  • 1999: Vellas lembranzas
  • 2002: Al rescate del alma
  • 2004: Fados… e outas músicas
  • 2005: Panxoliñas-Villancicos
  • 2006: Dúas almas do Miño
  • 2007: Tan lonxe, ao longe
  • 2008: No bico un cantar
  • 2010: Celme encantado[3]
  • 2011: Fado com outro acento
  • 2014: Soños Cumpridos
  • 2016:Años Después
  • 2017:De Portugal a Galicia. Fado
  • 2017: Canciones infantiles
  • 2019: A fadista
  • 2019: Escolma Imposible e Incorrecta
  • 2022: Galicia nai[4][5]. No que lle pon música e voz a poemas de: Rosalía de Castro, Neira Vilas, Armando González López, Ricardo Carvalho Calero, Xosé Velo e Manuel María.

Colaboracións

  • 2001: Etnika: Los Sonidos de Galicia «O Señor Vinho» e «O Primeiro Amor»
  • 2006: Atox: Real Banda de Gaitas da Diputación Provincial de Ourense
  • 2007: Himno Gallego
  • 2011: Fios de vida (colaboración con Enrique Ramil)
  • 2012: México Lindo: Homenaje a Chavela Vargas - «Piensa en Mí»
  • Puedes llegar Ese niño diferente. La Rebotica.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2000: nomeada membro da Enxebre Orde da Vieira pola difusión da cultura galega na cidade de Lisboa.[6]
  • 2004: premio Vieira de prata á calidade artística, entregado pola Enxebre orde da vieira, en Santiago de Compostela.[6]
  • 2004: Placa a la mejor trayectoria artística entregada por El Correo Gallego en el Auditorio de Galicia.
  • 2007: Disco de Platino Gallego, por vender 4.000 exemplares de seu traballo Dúas almas no Miño.[7]
  • 2011: Castaña de Cristal do Festival das Artes Escénicas de Riós.
  • 2010: é recoñecida como Xuíz Honorario do Couto Mixto[8].
  • 2013: premio Alecrín dorado entregado pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat) pola súa colaboración permanente.[9]
  • 2015: é nomeada filla adoptiva de Xinzo de Limia.[10]
  • 2016: premio Rebulir de Cultura Galega, por establecer lazos musicais entre as dúas beiras do Miño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. María do Ceo, mujer y alma de fado. eldiario.es
  3. yosoycomunicacion.es
  4. "María do Ceo: "Creamos un novo estilo, o fado miñoto, coa fusión do galego e do portugués"". 03/02/2023. Consultado o 05/02/2023. 
  5. "María do Ceo cumpre 25 anos co seu son xenuino". 03/02/2023. Consultado o 05/02/2023. 
  6. 6,0 6,1 "Biografía de María do Ceo en Last.fm" (en español).  consultado el 18 de octubre de 2013
  7. "La cantante María do Ceo, Disco de Platino Gallego. elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2020. 
  8. "María do Ceo dálle voz ao himno do lendario territorio do Couto Mixto". 09/07/2011. Consultado o 05/02/2023. 
  9. "|título=Premios Alecrin dourado |autor=elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2020. 
  10. "Xinzo nomeou á cantante María do Ceo filla adoptiva". 09/04/2015. Consultado o 05/02/2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]