Manuel Ramil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Ramil
Nacemento8 de marzo de 1978
Lugar de nacementoAres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico, produtor e compositor
Na rede
Musicbrainz: a4ea566b-e7d2-46b6-bfd0-1aee8d662efe Discogs: 3877979 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel Ramil, nado en Ares o 8 de marzo de 1978, é un músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro contacto coa música é aos 12 anos cando comeza a recibir clases de solfexo e piano clásico. Pronto sente interese por outras músicas e comeza unha época de grande influencia de Yngwie J. Malmsteen, Cacophony, WhiteSnake... Despois de pasar por varios grupos bastante inestábeis, no ano 1996 forma o grupo heavy “Torquemada”, co cal un ano despois gravaría a súa primeira maqueta: “Santa Inquisición”. A pesar de permanecer case seis anos nesta banda, as cousas non marcharon ben, polo que en setembro de 2001 decide pechar este episodio e abandona o grupo. Nesta época colabora de maneira esporádica con algunhas bandas: co grupo Thánatos realiza a gravación de diversas intros para os seus concertos, e participa co grupo Trashnos na gravación do seu primeiro disco: “Tiempo”.

En xulio de 2002 comeza a súa época máis coñecida á fronte da banda Warcry, periplo que remataría a mediados do ano 2008, cando anuncia que se une ao grupo Sauze xunto cos tamén ex integrantes de Warcry: Alberto Ardines (batería) e Fernando Mon (guitarra) e Toni Amboaje (Hard Spirit). No 2010 intervén como produtor e arranxador do segundo traballo do grupo Infamia titulado: “La cuenta atras”.

Dende xuño de 2017 forma parte da banda asturiana Avalanch e dende 2020 tamén de Alderaan e Adventus.[1][2][3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Torquemada[editar | editar a fonte]

WarCry[editar | editar a fonte]

Sauze[editar | editar a fonte]

Avalanch[editar | editar a fonte]

Adventus[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]