Enfermidade de refluxo gastroesofáxico
Enfermidade de Refluxo Gastroesofáxico (ERGE) | |
---|---|
Radiografía de abdome e tórax dun paciente cunha gastrotomía. Inxectouse radiocontraste no estómago e logo se viu migrando cara arriba a través do esófago. O paciente tiña esofaxite por refluxo grave (grao D) | |
Sinónimo | Doenza de Refluxo Gastroesofáxico (DRGE) ; .; GERD, GORD (polas siglas en inglés) |
Especialidade | Medicina dixestivaGastroenteroloxía |
Síntomas | Ardor no peito, regurxitación ácida, dificultade para tragar |
Complicacións | Esofaxite erosiva, estenose esofágica, úlceras esofágicas, esófago de Barrett |
Duración | Crónica |
Causas | Fluxo inverso do contido do estómago cara ao esófago |
Factores de risco | Obesidade, tabaquismo, dieta, certos medicamentos |
Diagnóstico | Historial médico, endoscopia, manometría esofáxica, proba de pH esofáxico |
Prevención | Cambios no estilo de vida, evitar alimentos que desencadean sintomas |
Tratamento | Cambios dietéticos, medicación, cirurxía en casos graves |
Medicación | Antiácidos, inhibidores da bomba de protóns, antagonistas H2 |
Prognose | Variable; xestionábel con tratamento adecuado |
Frecuencia | Común |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A enfermidade de refluxo gastroesofáxico, tamén coñecida como en inglés Gastroesophageal reflux disease (GERD; segundo as siglas en galego ERGE e DRGE)[1] é un trastorno dixestivo crónico que afecta a parte do corpo que vai da boca até o estómago.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Caracterízase polo movemento do contido gástrico cara atrás no esófago, provocando síntomas como ardor no peito,[3] regurxitación de comida ou líquido amargo, e dor ao tragar.[2]
Prevalencia
[editar | editar a fonte]A ERGE é unha condición común que afecta a unha porcentaxe significativa da poboación mundial. A súa prevalencia varía segundo a rexión xeográfica, os hábitos dietéticos e o estilo de vida da poboación. Estímase que un 40% da poboación experimenta refluxo gástrico eventual, pero este non sempre se converte en ERGE.[4][5] En menos de tres décadas esta doenza incrementouse significativamente, en máis dun 70%.[6]
Factores de risco
[editar | editar a fonte]Os factores que poden incrementar o risco de desenvolver ERGE inclúen obesidade, o consumo de certos alimentos e bebidas, o uso de medicamentos que relaxan o esfínter esofáxico inferior, o tabaquismo, e cambios hormonais durante a gravidez.[7]
Diagnose
[editar | editar a fonte]O diagnóstico da ERGE xeralmente baséase nos síntomas reportados polo paciente. Pode ser confirmado con probas como a endoscopia dixestiva alta, a manometría esofáxica, e a monitorización do pH esofáxico. A detección precoz e o tratamento adecuado son cruciais para previr complicacións. Durante a pandemia de Covid-19 impulsáronse técnicas educativas debido ás restricións de interacción cos pacientes, incluíndo simulacións de endoscopia e plataformas de aprendizaxe en liña.[8]
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento inclúe cambios no estilo de vida, como modificar a dieta e evitar deitarse inmediatamente despois de comer. Medicamentos como os inhibidores da bomba de protóns e antiácidos poden axudar a controlar os síntomas (por exemplo o omeprazol). En casos graves, pode ser necesaria a cirurxía.[9]
Complicacións
[editar | editar a fonte]Se non se trata, a ERGE pode levar a complicacións graves, incluíndo esofaxite erosiva, que é a inflamación e dano ao revestimento do esófago; estreitamento do esófago, tamén coñecido como estenose esofáxica, que pode dificultar a deglución; úlceras esofáxicas, que son feridas abertas no revestimento do esófago; e o esófago de Barrett, unha doenza onde o tecido normal do esófago cambia a un tipo de tecido similar ao revestimento do intestino, aumentando o risco de cancro esofágico.
Notas
- ↑ GERD é un acrónimo de "Gastro Esophageal Reflux Disease"; tamén é chamada "Gastro-Oesophageal Reflux Disease (GORD). En galego, o termo non aparece no dicionario galego de termos médicos mais o bUSCatermos admite os acrónimos DRGE e ERGE, coincidentes cos da lingua portuguesa [busca.htm#138644].
- ↑ 2,0 2,1 "Gastroesophageal reflux disease (GERD) - Symptoms and causes". Mayo Clinic (en inglés). Consultado o 2024-03-21.
- ↑ A sensación de calor chámase comunmente "azia" ou "ardentía". En inglés chámase heartburn pero non ten nada que ver directamente co corazón.
- ↑ Cohen, Erica; Bolus, Roger; Khanna, Dinesh; Hays, Ron D.; Chang, Lin; Melmed, Gil Y.; Khanna, Puja; Spiegel, Brennan (2014-10). "GERD Symptoms in the General Population: Prevalence and Severity Versus Care-Seeking Patients". Digestive diseases and sciences 59 (10): 2488–2496. ISSN 0163-2116. PMC 4275099. PMID 24811245. doi:10.1007/s10620-014-3181-8.
- ↑ Philip W. Smith (2022). Gastroenterology and Hepatology Board Review. Wolters Kluwer.
- ↑ Zhang, Decai; Liu, Shaojun; Li, Zhaoqi; Wang, Rui. "Global, regional and national burden of gastroesophageal reflux disease, 1990–2019: update from the GBD 2019 study". Annals of Medicine 54 (1): 1372–1384. ISSN 0785-3890. PMC 9122392. PMID 35579516. doi:10.1080/07853890.2022.2074535.
- ↑ "Gastroesophageal Reflux Disease (GERD)". UpToDate (en inglés).[Ligazón morta]
- ↑ "Diagnosis and Management of Gastroesophageal Reflux Disease". Gastroenterology. 2020.
- ↑ National Institute of Diabetes and Digestive and Kidney Diseases. "Acid Reflux (GER & GERD) in Adults".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enfermidade de refluxo gastroesofáxico |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Esófago
- Esofaxite
- Hernia
- Hernia de hiato
- Cancro de esófago
- Cancro de estómago
- Proba de pH esofáxico
- Manometría esofáxica