Victoria de Marichalar y Borbón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victoria Federica de Todos los Santos de Marichalar y Borbón 9 de setembro de 2000 (24 anos) Madrid, España |
Relixión | Catolicismo |
Educación | St Mary's School (en) |
Cor dos ollos | Abelanado |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Outro | |
Título | Doña (en) |
Familia | Casa de Borbón-Anjou |
Pais | Jaime de Marichalar e Elena de Borbón e Grecia |
Irmáns | Felipe de Marichalar e Borbón |
Parentes | Leonor de Borbón, curmá entregue Sofía de Borbón, curmá entregue Xoán Carlos I de España, avó materno Sofía de Grecia, avoa materna Amalio de Marichalar y Bruguera, avó paterno Frederica de Hannover, bisavó Xoán de Borbón e Battenberg, bisavó Paulo I de Grecia, bisavó María das Mercés de Borbón-Dúas Sicilias, bisavó Luis Marichalar y Monreal, bisavó Encarnacion Bruguera, bisavó Amalio de Marichalar y Sáenz de Tejada, tío Álvaro de Marichalar, tío Filipe de Borbón e Grecia, tío Cristina de Borbón e Grecia, tía |
Victoria Federica de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nada en Madrid o 9 de setembro de 2000[1], é a segunda filla da infanta Elena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. É neta dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriña dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Foi nomeada Victoria pola súa tataravoa a raíña Vitoria Uxía de Battenberg, esposa de Afonso XIII de España, e Federica pola súa bisavoa Frederica de Hannover, esposa de Paulo I de Grecia, e Todos os Santos como é costume na Casa Real.[1] Os seus padriños foron o seu tío materno, o entón príncipe Filipe, e a súa tía paterna, Ana de Marichalar e Sáenz de Tejada.[2]
Victoria é a quinta na liña de sucesión ao trono español, por detrás das súas curmás Leonor e Sofía de Borbón, a súa nai e o seu irmán máis vello Felipe Juan Froilán.[3] Como filla dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.