Ducado de Lugo
Aparencia
| Ducado de Lugo | |
|---|---|
| Primeiro titular | Helena de Borbón e Grecia |
| Concesión | Xoán Carlos I 3 de marzo de 1995 |
| Liñaxes | Casa de Borbón |
| Actual titular | Helena de Borbón e Grecia |
O Ducado de Lugo é un título nobiliario vitalicio concedido polo rei de España Xoán Carlos I, á súa filla a infanta Helena de Borbón e Grecia o 3 de marzo de 1995, con ocasión do seu matrimonio con Jaime de Marichalar, hoxe divorciado dela. O primoxénito da infanta, Felipe Juan Froilán, non o herdará tras o falecemento da súa nai. A denominación do título fai referencia á cidade de Lugo.
Duques de Lugo
[editar | editar a fonte]| Titular | Período | |
|---|---|---|
| Creación por Xoán Carlos I | ||
| I | Helena de Borbón e Grecia | 1995-actualidade |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Real Decreto 323/1995, que data do 3 de marzo de 1995, polo que se concede, con carácter vitalicio, a facultade de usar o título de Duquesa de Lugo á Súa Alteza Real a Infanta Dona Helena. (en castelán)