Xogos paralímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xogos Paralímpicos»)

Os Xogos Paralímpicos[1] son a competición olímpica oficial para atletas con discapacidades físicas, mentais ou sensoriais. Isto inclúe discapacidades motoras, amputación, cegueira e parálise cerebral. Logo están as persoas con discapacidades mentais que compiten nos Xogos Olímpicos Especiais.

Simboloxía[editar | editar a fonte]

A bandeira representativa dos Xogos paralímpicos correspóndese co logotipo do CPI e foi obxecto de varios cambios. Recolle tres elementos de cor vermella, azul e verde, as tres cores máis empregadas nas bandeiras nacionais.

  • Nos Xogos Paralímpicos de 1988 en Seúl, usáronse os Tae-Geuks, motivo tradicional coreano como os que aparece no centro da bandeira de Corea do Sur: cinco Tae-Guks coas cores e disposición dos cinco aros olímpicos. En 1991 o COI obxectou este deseño e as cinco formas ficaron en tres.
  • No 2003 aprobouse a imaxe actual, para ser empregada trala finalización dos Xogos paralímpicos de Atenas 2004. Nel apareceron tres formas con silueta semellante a un búmerang que fora bautizado como Agitos (isto é do latín agito, móvome).

Nome[editar | editar a fonte]

O nome incorpora o prefixo grego para significando proximidade ou similitude (cos Xogos Olímpicos), aínda que no seu momento o nome debeuse á presenza de participantes con parálise ou paraplexía.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Ano Evento Sede   Ano Evento Sede
Xogos Paralímpicos de Verán Xogos Paralímpicos de Inverno
1960 I Xogos Paralímpicos Italia
Roma Italia
1964 II Xogos Paralímpicos
Toquio Xapón
1968 III Xogos Paralímpicos
Tel Aviv Israel
1972 IV Xogos Paralímpicos Alemaña
Heidelberg Alemaña
1976 V Xogos Paralímpicos 1976 I Xogos Paralímpicos
Toronto Canadá Örnsköldsvik Suecia
1980 VI Xogos Paralímpicos Países Baixos 1980 II Xogos Paralímpicos
Arnhem Países Baixos Geilo Noruega
1984 VII Xogos Paralímpicos 1984 III Xogos Paralímpicos Austria
Nova York Estados Unidos Innsbruck Austria
1988 VIII Xogos Paralímpicos 1988 IV Xogos Paralímpicos Austria
Seúl Corea do Sur Innsbruck Austria
1992 IX Xogos Paralímpicos España 1992 V Xogos Paralímpicos Francia
Barcelona España Albertville Francia
1996 X Xogos Paralímpicos 1994 VI Xogos Paralímpicos
Lillehammer Noruega
Atlanta Estados Unidos 1998 VII Xogos Paralímpicos
2000 XI Xogos Paralímpicos Australia Nagano Xapón
Sidney Australia 2002 VIII Xogos Paralímpicos
2004 XII Xogos Paralímpicos Grecia Salt Lake City Estados Unidos
Atenas Grecia 2006 IX Xogos Paralímpicos Italia
2008 XIII Xogos Paralímpicos República Popular da China Turín Italia
Pequín R.P. China 2010 X Xogos Paralímpicos
2012 XIV Xogos Paralímpicos Vancouver Canadá
Londres Reino Unido 2014 XI Xogos Paralímpicos
2016 XV Xogos Paralímpicos Sochi Rusia
O Río de Xaneiro Brasil 2018 XII Xogos Paralímpicos
2021 XVI Xogos Paralímpicos Xapón Pyeongchang Corea do Sur
Toquio Xapón  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]