Elaine May

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElaine May

(1959) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Elaine Iva Berlin Editar o valor em Wikidata
21 de abril de 1932 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHollywood High School (en) Traducir
Universidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , dramaturga , actriz de cinema , humorista , actriz de televisión , escritora , guionista , actriz de teatro , directora de cine , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalMike Nichols: Nichols and May (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSheldon Harnick (1962–1963)
ParellaStanley Donen (1999–) Editar o valor em Wikidata
FillosJeannie Berlin (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0561938 Allocine: 36522 Allmovie: p101817 TCM: 125430 TV.com: people/elaine-may IBDB: 69390
Dialnet: 2290907 Musicbrainz: aaad44cf-da70-41f3-b402-7d61ddd34cf8 Discogs: 1079473 Editar o valor em Wikidata

Elaine Iva May (de solteira Berlin), nada en Filadelfia o 21 de abril de 1932,[1][2] é unha guionista, directora de cinema, actriz e cómica estadounidense. Logrou o recoñecemento na década de 1950 polas súas rutinas de comedia improvisada con Mike Nichols e máis adiante emprendeu unha carreira como directora e guionista.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar actuación coa recoñecida actriz e profesora de teatro Maria Ouspensakaya nos Ánxeles, mudouse a Chicago en 1955 e converteuse en membro fundadora de Compass Players, un grupo de teatro improvisado. May comezou a traballar con Mike Nichols, que tamén formaba parte do grupo, e xuntos comezaron a escribir e interpretar os seus propios sketches de comedia, que foron enormemente populares. [4] En 1957 ambos abandonaron o grupo para formar o seu propio grupo escénico, Nichols and May, na cidade de Nova York.[3]

Actuaban en escenarios en que se esgotaban todas as entradas, ademais de facer aparicións na televisión e na radio. Nos seus espectáculos de comedia creaban escenas satíricas e tipos de personaxes que se burlaban da nova orde intelectual, cultural e social que estaba a emerxer nese momento. Este feito foi fundamental para eliminar o estereotipo de que as mulleres non podían ter éxito na comedia en vivo. Xuntos convertéronse nunha inspiracións para moitos cómicos máis novos, incluídos Lily Tomlin e Steve Martin. Logo de catro anos, na cima da súa fama, decidiron deixar de actuar. May converteuse en guionista e dramaturga, ademais de actuar e dirixir. O seu relativamente breve tempo xuntos como estrelas da comedia levou o presentador do programa de entrevistas de Nova York, Dick Cavett, a referirse ao seu espectáculo coma "un dos meteoritos cómicos no ceo". Gerald Nachman sinalou que "Nichols e May son quizais os máis estrañados entre todos os comediantes satíricos da súa época".[3]

O seu traballo como guionista foi candidato en dúas ocasións ao Óscar, por Heaven Can Wait (1978) e Primary Colors (1998). May foi eloxiada pola serie de filmes que dirixiu na década de 1970, a comedia negra de 1971 A New Leaf, en que tamén actuou, a comedia romántica de 1972 The Heartbreak Kid. A carreira de May sufriu entón un importante revés. Tralas dúas comedias, pasou a escribir e dirixir un drama criminal titulado Mikey and Nicky, protagonizado por Peter Falk e John Cassavetes. Cun orzamento de 1,8 millóns de dólares e programadao para ser estreado no verán de 1975, o filme custou 4,3 millóns e non se estreou ata decembro de 1976. Finalmente foi despedida por Paramount Pictures (estudio que financiou o filme), mais conseguiu que volvesen contratala agachando dous rolos de negativos ata que o estudio a readmitiu. O fracaso comercial do filme danou a súa carreira en Hollywood e non volveu dirixir durante unha década.

Foi Warren Beatty quen decidiu darlle outra oportunidade. Colaboraron en Ishtar (1987), protagonizado por Beatty e Dustin Hoffman. Rodado en Marrocos, a produción estivo chea de diferenzas creativas entre os directivos e os custos excedéronse. Moito antes de que o filme estivese listo para ser estreado, a problemática produción foi obxectos de numerosas historias na prensa. A publicidade previa foi tremendamente negativa[5] e, a pesar dalgunhas críticas positivas en Los Angeles Times e The Washington Post, o filme foi un fracaso crítico. May non dirixiu outro filme ata 29 anos despois, en 2016, cando dirixiu o documental para televisión Mike Nichols: American Masters.[6]

En 1996 reuniuse novamente con Mike Nichols para escribir o guión de Unha gaiola de grilos, fita dirixida por Nichols.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

May casou aos dezaseis anos con Marvin May, enxeñeiro e inventor de xoguetes. Tiveron unha filla, a actriz e guionista Jeannie Berlin, nada en 1949. A parella divorciouse en 1960, e en 1962 casou co letrista Sheldon Harnick. Divorciáronse o ano seguinte e en 1964, May casou co seu psicanalista, David L. Rubinfine; o matrimonio durou ata a morte del en 1982.[7]

May foi parella do director Stanley Donen entre 1999 e a morte del en 2019.[8] Donen dixo que lle pediu matrimonio "arredor de 172 veces".[9]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Crédito(s) Personaxe Notas
1958 DuPont Show of the Month Actriz Candy Carter Episodio: "The Red Mill"
1967 Enter Laughing Actriz Angela Marlowe
1967 Luv Actriz Ellen Manville
1967 O graduado Actriz Sorority girl with note for Benjamin Sen acreditar
1967 Bach to Bach Actriz, guionista Woman Curtametraxe
1971 A New Leaf Actriz, guionista, directora Henrietta Lowell
1971 Such Good Friends guionista Co pseudónimo de Esther Dale
1972 The Heartbreak Kid Directora
1976 Mikey and Nicky Guionista, directora, actriz Woman on TV (voz) Sen acreditar como actriz
1978 Heaven Can Wait Coguionista
1978 California Suite Actriz Millie Michaels
1981 Reds Coguionista Sen acreditar
1982 Tootsie Coguionista Sen acreditar
1986 Dentro do labirinto Coguionista Sen acreditar
1987 Ishtar Guionista, directora
1990 In the Spirit Actriz Marianne Flan
1994 Wolf Actriz Operator (voz) Sen acreditar
1995 Dangerous Minds Coguionista Sen acreditar
1996 Unha gaiola de grilos Guionista
1998 Primary Colors Guionista
2000 Small Time Crooks Actriz May
2016 Mike Nichols: American Masters Directora Documental para televisión
2016 Crisis in Six Scenes Actriz Kay 6 episodios

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quart, Barbara Koenig (1988). "American Women Directors (Chapter 3)". Women Directors: The Emergence of a New Cinema. Nova York: Greenwood-Prager. pp. 37–51 and passim. ISBN 0313391106. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  2. "Person Details for Marvin May, "California, County Marriages, 1850-1952" — FamilySearch.org". familysearch.org. Consultado o 1 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Thompson, Thomas (1967). "What Ever Happened to Elaine May?" (print). Life 63 (28 de xullo): 54–59. ISSN 0024-3019. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  4. FilmArchivesNYC (13 de marzo de 2009). "Elaine May & Mike Nichols Commercial (stock footage / archival footage)". Consultado o 29 de xullo de 2018 – vía YouTube. 
  5. "Ishtar". Metacritic. 
  6. "Elaine May’s ‘American Masters’ Documentary on Mike Nichols", The Film Stage, 1 de febreiro de 2016
  7. Nachman, Gerald (2003). "Double Jeopardy: Mike Nichols and Elaine May". Seriously Funny: The Rebel Comedians of the 1950s and 1960s. Nova York: Pantheon Books. pp. 318–362 and passim. ISBN 0307490726. OCLC 50339527. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  8. Feeney, Mark (2009). "Like His Films, Donen Exudes Style and Wit" (online). The Boston Globe (outubro de 4): 1–3, esp. 3. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. Subtitle: Famed director Stanley Donen, the subject of a retrospective at the Harvard Film Archive, visits this week. 
  9. Heilpern, John (2013). Tim Shaeffer, illustrations. "Hollywood Conversations: Out to Lunch with Stanley Donen" (online, impreso). Vanity Fair (28 de febreiro (marzo, impresión)). Consultado o 31 de xaneiro de 2016. Subtitle: The last of the golden-age Hollywood directors still believes in romance. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Quart, Barbara Koenig (1988). "American Women Directors (Chapter 3)". Women Directors: The Emergence of a New Cinema. Nova York: Greenwood-Prager. pp. 37–51 and passim. ISBN 0313391106. Consultado o 31 de xaneiro de 2016. 
  • Stephens, Chuck. "Chronicle of a Disappearance: Unjustly Omitted from Most Histories of Seventies American Filmmaking, Actor-writer-director Elaine May--and the Four Unforgettable Films She Somehow Got Away With--refuse to Fade Away." Film Comment 42.2 (2006): 46. Web.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]