Lily Tomlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLily Tomlin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Jean Tomlin Editar o valor em Wikidata
1 de setembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal Wayne
HB Studio
Cass Technical High School (en) Traducir
Wayne State University College of Fine, Performing, and Communication Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro , actriz de dobraxe , escritora , actriz de televisión , actriz de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJane Wagner (2013–)

Páxina weblilytomlin.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005499 Allocine: 22190 Rottentomatoes: celebrity/lily_tomlin Allmovie: p114336 TCM: 192833 TV.com: people/lily-tomlin IBDB: 7337
Facebook: lilytomlin Twitter: LilyTomlin TED: lily_tomlin Musicbrainz: 9f3abc35-a308-430d-833a-cb793eeec95e Songkick: 561485 Discogs: 347730 Allmusic: mn0000241499 WikiTree: Tomlin-283 Editar o valor em Wikidata

Mary Jean "Lily" Tomlin, nada en Detroit (Míchigan) o 1 de setembro de 1939[1] é unha actriz, cómica, guionista, cantante e produtora teatral estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no mundo da interpretación trala universidade realizando stand-up comedy en clubs nocturnos de Detroit e Nova York. Apareceu na televisión por primeira vez en The Merv Griffin Show en 1965.[2]

En 1969 uniuse ao programa de sketches cómicos da NBC Rowan and Martin's Laugh-In. O seu éxito foi instantáneo e comezou a aparecer con personaxes regulares que ela mesma creara.

En abril de 1977 foi a primeira muller en protagonizar un espectáculo en solitario en Broadway, coa estrea de Appearing Nitely. Ese mesmo mes apareceu na portada da revista Time co titular "America's New Queen of Comedy" (“A nova raíña da comedia dos Estados Unidos”).

Debutou no cinema dramático en Nashville, de Robert Altman, polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. O seu maior éxito no cinema foi 9 to 5 (1980), no que traballou con Jane Fonda e Dolly Parton.

Na década de 1990 volveu á televisión interpretando a xefa da protagonista en Murphy Brown. Tamén tivo un papel recorrente en Desperate Housewives.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Título Ano Personaxe Notas
Scarecrow in a Garden of Cucumbers 1972 Telephone Voice Sen acreditar
Nashville 1975 Linnea Reese
The Late Show 1977 Margo Sperling
Moment by Moment 1978 Trisha Rawlings
9 to 5 1980 Violet Newstead
The Incredible Shrinking Woman 1981 Pat Kramer/Judith Beasley
All of Me 1984 Edwina Cutwater
Big Business 1988 Rose Ratliff/Rose Shelton
The Search for Signs of Intelligent Life in the Universe 1991 Trudy, et al.
Sombras e néboa 1992 Prostituta
The Player 1992 Ela mesma
The Beverly Hillbillies 1993 Miss Jane Hathaway
Short Cuts 1993 Doreen Piggot
Blue in the Face 1995 Waffle eater
Getting Away with Murder 1996 Inga Mueller
Flirteando co desastre 1996 Mary Schlichting
Krippendorf's Tribe 1998 Prof. Ruth Allen
Tea with Mussolini 1999 Georgie Rockwell
Disney's The Kid 2000 Janet
Orange County 2002 Charlotte Cobb
I Heart Huckabees 2004 Vivian Jaffe
A Prairie Home Companion (filme) 2006 Rhonda Johnson
Ant Bully, benvido ao formigueiro 2006 Mommo Voice
The Walker 2007 Abigail
The Pink Panther 2 2009 Mrs. Yvette Berenger
Gake no ue no Ponyo 2009 Toki Dobraxe en inglés
Stars in Shorts 2012 Mum
Admission 2013 Susannah
Grandma 2015 Elle Reid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monitor". Entertainment Weekly (1275). 6 de setembro de 2013. p. 25. 
  2. Lily Tomlin at the Paley Center Arquivado 02 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. consultado o 24 de agosto de 2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]