Saltar ao contido

El caso Asunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El caso Asunta
FormatoSerie de televisión
Creado porRamón Campos
Gema R. Neira
Jon de la Cuesta
David Orea Arribas
Dirixido porCarlos Sedes
Jacobo Martínez
IntérpretesCandela Peña
Tristán Ulloa
Javier Gutiérrez
Carlos Blanco Vila
María León
Francesc Orella
Alicia Borrachero
Iris Whu
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán e galego
Temporadas1
Episodios6
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio26 de abril de 2024
Na rede
IMDB: tt27788849 Filmaffinity: 269337 Allocine: 36029 Rottentomatoes: tv/the_asunta_case Netlix: 81632782Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

El caso Asunta é unha miniserie de thriller policial de 2024 creada por Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta e David Orea Arribas, baseada no asasinato de Asunta Basterra.[1] Está protagonizada por Candela Peña e Tristán Ulloa e estreouse en Netflix o 26 de abril de 2024.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

A trama segue a investigación sobre o caso Asunta Basterra despois de que os pais de Asunta, Rosario Porto e Alfonso Basterra, denunciasen a súa desaparición o 21 de setembro de 2013 e posteriormente o seu cadáver fose atopado nunha estrada próxima a Santiago de Compostela.[3]

Elenco[editar | editar a fonte]

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea
1 "21 de septiembre" Carlos SedesRamón Campos, Gema R. Neira, David Orea Arribas e Jon de la Cuesta Olaizola26 de abril de 2024

Rosario Porto e Alfonso Basterra son entrevistados en compañía da súa filla adoptada Asunta, para falar do proceso de adopcións na China. Anos despois acoden á comisaría a denunciar a desaparición da filla. Dous esmorgantes descobren o cadáver dunha moza asiática nunha pista forestal. O xuíz aparece no levantamento do cadáver, entra na escena do crime sen poñer a funda de seguridade. Observan unhas cordas laranxas próximas ao cadáver. Dous gardas civís acoden ao domicilio dos pais a informar. O garda civil Ríos decide visitar a casa de campo da nai e alí descobre nunha papeleira unhas cordas laranxas coma as aparecidas xunto ao cadáver. Os encargados do caso almorzan tras unha longa noite e o xuíz instrutor dálle un dato irrelevante a un xornalista. O xuíz acode ao lugar da autopsia. No velorio da filla, Rosario observa o fermoso que está o cadaleito e empeza a facerlle fotografías, e Alfonso imítaa. Unha gravación dunha cámara de seguridade dunha gasolineira amosa que Rosario non deixara a nena na casa como lle contara á policía. Rosario é detida xusto tras o velorio. 

2 "24 de septiembre" Carlos SedesRamón Campos, Gema R. Neira, David Orea Arribas e Jon de la Cuesta Olaizola26 de abril de 2024

Rosario entra nos calabozos. O xuíz Malvar ten problemas co seu pai, ancián. No funeral por Asunta, Alfonso Basterra sente a agonía de ser sospeitoso. Nos calabozos, Rosario sofre un ataque de ansiedade lévana á terraza a tomar o aire, e alí sincérase coa garda civil e fálalle do seu amante, Vicente. A garda civil fálalle a Rosario das imaxes da nena no coche e ela cambia a súa versión de inmediato. Nun salto atrás de nove meses, Alfonso le o correo electrónico da súa muller e descobre a infidelidade. O xuíz recibe os informes de toxicoloxía que indican que Asunta estaba fortemente drogada no momento da asfixia. A parella de gardas civís busca polas ferraxarías da contorna cordas laranxas coma as que apareceron xunto ao cadáver. Unha profesora de música é testemuña da somnolencia de Asunta meses atrás. A Garda Civil interroga o amante de Rosario, que se amosa soberbio. O veciño máis próximo ao lugar onde se atopou o cadáver asegúralle aos gardas civís que pasou por alí aquela noite e non viu o cadáver. Os xornalistas acosan a Alfonso. Analepse ao momento da ruptura entre Alfonso e Rosario cando el lle recrimina a súa infidelidade. Prodúcese un rexistro na casa de Teo. Alfonso reacciona violentamente cando o xuíz toca unha foto de Asunta, provocándoo, e Alfonso é detido. 

3 "26 de septiembre" Jacobo MartínezRamón Campos, Gema R. Neira, Javier Chacártegui Horrach, David Orea Arribas e Jon de la Cuesta Olaizola26 de abril de 2024

Tras o seu divorcio, Alfonso acode a Bilbao a pedirlle axuda á familia. De volta á actualidade, os apartamentos de Rosario e Alfonso son rexistrados, a veciñanza e xente descoñecida amoréase na rúa para increpalos e ameazalos. O fiscal discute co xuíz sobre a solidez dos argumentos para decretar a prisión provisional de Alfonso. As conversas entre Rosario e Alfonso nos calabozos son gravadas. Nunha nova retrospectiva, o amante de Rosario non desexa comprometerse con ela tras o divorcio, o que lle provoca a Rosario unha forte crise. 

4 "28 de septiembre" Jacobo MartínezRamón Campos, Gema R. Neira, Javier Chacártegui Horrach, David Orea Arribas e Jon de la Cuesta Olaizola26 de abril de 2024

O novo avogado de Rosario descobre que un home intentou matar a Asunta a noite do 4 de xullo no piso de Rosario pero esta non o denunciou á policía. Uns rastros de ADN atopados na camiseta que levaba Asunta apuntan a Carlos Murillo, un guatemalteco residente en Madrid, pero este ten unha sólida coartada e todo parece deberse a un inexplicable erro do laboratorio central da Garda Civil. 

5 "24 horas" Carlos SedesRamón Campos, Gema R. Neira, Javier Chacártegui Horrach, David Orea Arribas e Jon de la Cuesta Olaizola26 de abril de 2024

O axente Ríos comproba que unha muller miúda si pode arrastrar un saco do peso de Asunta e acode ante o xuíz para lle contar a súa interpretación dos feitos: Rosario volveu co seu amante, discutiu con Alfonso, quen lle dixo que nunca podería desfacerse del porque o necesitaba para coidar de Asunta; Rosario prepara unha sobredose de lorazepam e disólvea en zume de laranxa pero dállo a Asunta cando esta lle pide algo para beber; lévaa á casa da aldea, afógaa cun coxín e deixa o cadáver nunha pista escura; cando fala con Alfonso e lle di que a nena marchou, Alfonso decide axudala a finxir que non foi ela. O xuíz responde coa súa propia interpretación: Asunta descubriu algún segredo que podería afundilos e Alfonso decide matala, polo que Rosario non pode opoñerse. Cando levan a Asunta ao lugar do crime, Alfonso agóchase na parte traseira do coche para non ser visto por ningunha cámara; entre os dous apertan o coxín sobre a cara da nena. Para corroborar a versión do xuíz aparece Laura, unha moza compañeira de clase de Asunta, que afirma que na tarde do crime viu a Alfonso e Asunta paseando pola rúa. 

6 "El juicio" Carlos SedesRamón Campos, Gema R. Neira, Javier Chacártegui Horrach, David Orea Arribas e Jon de la Cuesta Olaizola26 de abril de 2024

O axente Ríos sinala que unha das cámaras revisadas tras o crime amosa que Laura, efectivamente, estivo esa tarde nesa zona, pero non puido ver a Asunta, porque a hora da gravación é posterior ao momento en que Asunta se afasta no coche coa nai. O xuíz Malvar responde que iso é un intervalo horario suxeito a interpretación; se as defensas o encontran e consideran que lles pode servir, están no seu dereito, pero non parece fácil que os avogados cheguen a atopar esa foto. Elíxese o xurado popular e comeza o xuízo. É complexo atopar un xurado que non vise ou escoitase os datos máis escabrosos a través dos programas e a prensa máis sensacionalista. No xuízo discútense algúns puntos do caso, como as cordas laranxas, a fiabilidade do testemuño da testemuña ou as fotos de Asunta con roupa de cabareteira tomadas polo pai. Un dos membros do xurado ten dúbidas sobre a culpabilidade de Alfonso Basterra, pero os demais membros lémbranlle as conversas gravadas nos calabozos entre os pais, e unha frase inventada pola prensa, "No te dio tiempo a deshacerte de eso, ¿verdad?" convence o xurado vacilante de que debe votar pola culpabilidade de Basterra. Ambos os pais son condenados a 18 anos de prisión. Unha última escena amosa a Rosario, Alfonso e Asunta de vacacións en París tempo atrás. O pai fai unha foto de Rosario e Asunta descansando na cama. Rosario levanta a vista da revista que está a ler e sorrí. 

Produción[editar | editar a fonte]

En maio de 2017 Antena 3 emitiu a serie documental Lo que la verdad esconde: El caso Asunta, de Bambú Producciones.[7] O 17 de maio de 2023 anunciouse que a produtora volvería producir un proxecto sobre o caso, esta vez en forma de serie de ficción, para Netflix, titulado El caso Asunta, con Candela Peña e Tristán Ulloa como os actores protagonistas.[8] Pouco despois, Netflix anunciou que Javier Gutiérrez e Alicia Borrachero tamén participarían no proxecto.[9] Candela Peña fora chamada para facer o papel de axente, pero pediu realizar unha proba como Rosario Porto e conseguiu convencer os produtores.[10][11]

A rodaxe da serie comezou a finais de xuño de 2023 en Santiago de Compostela, onde ocorreron os eventos,[12] e rematou a principios de novembro dese ano.[13] Moitos técnicos do equipo de produción eran galegos e traballaran xa en Fariña.[14] O equipo de produción negouse a rodar no propio apartamento de Asunta ou na casa de campo onde a asasinaran.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berta Dávila (30 de abril de 2024). ""¿Qué te vas a esperar de la gente?"". Praza Pública. 
  2. "Tráiler de 'El caso Asunta', la adaptación de Netflix con Candela Peña y Tristán Ulloa". La Vanguardia. 26 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Cazallas, Javier (26 de marzo de 2024). "El caso Asunta tiene trailer, el nuevo true crime de Netflix que busca repetir el éxito de El cuerpo en llamas". HobbyConsolas. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Carro, Guillermina (21 de novembro de 2023). "El caso Asunta, de Netflix, y todo lo que sabemos de la serie sobre el caso que conmocionó a España". GQ. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Velasco, M. (22 de abril de 2024). "Quién es quién en la serie de 'El caso Asunta' de Netflix: más allá de los actores que hacen de Rosario Porto y Alfonso Basterra". El Confidencial. 
  6. 6,0 6,1 Mogrovejo, Xavi (13 de febreiro de 2024). "'El caso Asunta', la nueva 'El cuerpo en llamas' de Netflix, lanza un escalofriante vídeo y prepara su estreno". Vandal. 
  7. Alcaraz, Maripaz (2017-05-18). "'Lo que la verdad esconde: El caso Asunta' se estrena el miércoles 24 de mayo en Antena 3". Formula TV. Consultado o 2024-02-13. 
  8. Onieva, Álvaro (2023-05-17). "Exclusiva: Netflix rodará la serie 'El caso Asunta' con Candela Peña como protagonista en la piel de Rosario Porto". Fotogramas. Consultado o 2024-02-13. 
  9. Vallejo, J. (2023-05-19). "Alicia Borrachero y Javier Gutiérrez fichan por ‘El caso Asunta’ de Netflix". Cultura en Serie. Consultado o 2024-04-24. 
  10. Serna Box, Cynthia (29 de abril de 2024). "Candela Peña explica cómo se preparó para interpretar a Rosario Porto en ‘El Caso Asunta’". www.infobae.com. 
  11. Arjona, Ana (26 de abril de 2024). "Ramón Campos (El caso Asunta): “El true crime nos da mucho miedo porque tememos convertirnos en lo que estamos viendo"". Vanity Fair. 
  12. Paz, Rodrigo (2023-06-30). "Netflix arranca en Santiago el rodaje de la miniserie sobre el caso Asunta". El Correo Gallego. Consultado o 2024-02-13. 
  13. Paz, Rodrigo (2023-11-01). "Netflix finaliza en Santiago el rodaje de la miniserie sobre el caso Asunta". Faro de Vigo. Consultado o 2024-02-13. 
  14. Eguizábal, Amaia (27 de abril de 2024). "Ramón Campos (‘El caso Asunta’): «No creo en documentales y ficciones justicieros»". Donostitik (Donostia). 
  15. Pérez, Laura (29 de abril de 2024). "Ramón Campos y sus líneas rojas en 'El caso Asunta': "No queríamos hacer sufrir a nadie ni provocar más dolor"". www.msn.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]