Rosario Porto Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosario Porto Ortega
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1969 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Brieva, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciada en Dereito
Mestrado en Dereito Comparado
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, cónsul honoraria de Francia
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlfonso Basterra Camporro Editar o valor em Wikidata
FillosAsunta Basterra Porto Editar o valor em Wikidata
NaiMaría do Socorro Ortega Romero Editar o valor em Wikidata

Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos, estudos e vida familiar[editar | editar a fonte]

Foi filla da catedrática de Historia da Arte María do Socorro Ortega Romero e do seu esposo o recoñecido avogado Francisco Porto Mella, que exercera durante varias décadas como Cónsul honorario de Francia en Santiago.[1][2]

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e cun mestrado en Dereito Comparado, colexiouse como avogada non exercente, e nunca exerceu a profesión. Foi Cónsul honoraria de Francia entre 1997 e 2006.[3] Casou en febreiro de 1996 co xornalista Alfonso Basterra,[2][3] do que posteriormente se divorciou. Ambos os esposos, sen fillos, adoptaron unha nena chinesa dun ano de idade, de nome Fang Yong, orixinaria da cidade de Yongzhou (Hunan),[4] á que lle puxeron o nome de Asunta Fang Yong, máis coñecida como Asunta.

Desaparición de Asunta[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Caso Asunta Basterra.

O 21 de setembro de 2013, cando a nena tiña 12 anos, desapareceu. Os seus pais adoptivos denunciaron a súa desaparición na tarde-noite dese mesmo día. Na madrugada do día seguinte, dúas persoas descubriron un cadáver nunha pista forestal da parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (a só 5 km da casa de campo de Rosario Porto en Montouto, tamén en Teo), alertando aos Servizos de Emerxencia, que identificaron o corpo da nena desaparecida. O día 24 de setembro a nai, Rosario Porto, foi detida e investigada por un presunto delito de homicidio. Un día despois tamén o pai, Alfonso Basterra, foi detido e investigado.[5]

O xuíz que se encargou do caso foi José Antonio Vázquez Taín, coñecido pola súa actuación anterior e recente na recuperación do Códice Calixtino (2012) e no caso do accidente ferroviario de Angrois (2013). O caso motivou grande interese e foi obxecto de numerosos reportaxes nos principais medios televisivos españois. De acordo cos datos recollidos durante a investigación, a mesma xirou en torno a unha serie de pistas, entre as que se encontran:[6]

En xuño de 2014 o xuíz Vázquez Taín puxo fin á instrución do caso, dando paso ao proceso de apertura de xuízo oral.[10] En outubro, a Sección Sexta da Audiencia provincial da Coruña con sede en Santiago terminou cos últimos trámites xudiciais.[11] A selección do xurado popular iniciouse en maio de 2015,[12] estando previsto o comezo do xuízo para entre o 23 de xuño e o 17 de xullo do mesmo ano, pero producíronse algúns atrasos,[13] e foi finalmente a principios de outubro de 2015 cando se iniciou o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, con 84 testemuñas e 60 peritos.[14] O 30 de outubro de 2015 o xurado popular designado polo Xulgado de Santiago de Compostela determinou, por unanimidade, como culpábeis tanto a Alfonso Basterra como a Rosario Porto do asasinato de Asunta Basterra.[15] En novembro de 2015, apenas dúas semanas despois de coñecerse o veredicto, coñécese a sentenza contra os pais de Asunta Basterra: 18 anos de cárcere para cada un por un delito de asasinato coa concorrencia da agravante de parentesco.

Morte de Rosario Porto[editar | editar a fonte]

Despois de pasar polo centro penitenciario de Teixeiro e o centro penitenciario da Lama foi trasladada no mes de marzo 2020 ao penal de Brieva onde, aparentemente, se suicidou aforcándose cun anaco de tea amarrado a unha ventá. No penal de Brieva aplicóuselle en principio o protocolo de prevención de suicidios, polo que ingresou directamente no módulo de enfermaría e quedou ao cargo dunha reclusa de confianza que a axudaba no proceso de adaptación. Porén, pouco máis tarde, levantáronlle estas cautelas, polo que Rosario xa facía vida normal antes de que, aparentemente, se quitara a vida.[16]

Os últimos en vela con vida foron os funcionarios de prisións que pasaron revista ás oito da mañá, cando as presas teñen que levantarse. Porén, non a encontraron no comedor para o almorzo, polo que foron buscala á cela, e foi alí onde a encontraron aforcada. Deron aviso inmediato ao 112 e os sanitarios intentaron reanimala. Institucións Penitenciarias abriron unha investigación para esclarecer os feitos, aínda que na cela que ocupaba Rosario Porto non apareceu ningún obxecto sospeitoso nin prohibido. Estaba todo recollido e, segundo as primeiras informacións, non había ningunha carta nin mensaxe. A autopsia deberá confirmar a causa do falecemento.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vizoso, Sonia (27 de setembro de 2013). "Una mujer ilustrada y cosmopolita". El País. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Misterio y horror: el espeluznante caso del matrimonio que planeó durante meses el crimen de su pequeña hija en infobae.com
  3. 3,0 3,1 Feliciano Barrera, edit. (2002): Quién es quien en la Galicia de siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S. A. ISBN 84-8064-113-4, páxs. 458-459.
  4. Sonia Vizoso / Xosé Hermida (27 de setembro de 2013). "Asunta, una niña estudiosa y apegada a sus padres". El País. Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  5. "Cronología del 'caso Asunta', la niña hallada muerta en Teo". 20minutos. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Asunta: medio año y cabos sueltos". El País. 23 de marzo de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  7. "La cuerda con la que fue atada Asunta era parte de la bobina encontrada en su casa". El País. 2 de novembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  8. "Los análisis demuestran que Asunta recibió una dosis letal de ansiolítico". El País. 4 de outubro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  9. "El ordenador y el móvil del padre de Asunta aparecen donde no estaban". El País. 31 de decembro de 2013. Consultado o 21 de novenmbro de 2020. 
  10. "El juez cree que Alfonso Basterra "participó en la asfixia" de Asunta". El País. 20 de xuño de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  11. "La Audiencia anula las conversaciones de los padres de Asunta en el calabozo". El País. 19 de outubro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  12. "Seleccionadas las 36 personas de las que saldrá el jurado del caso Asunta". El País. 11 de maio de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2020. 
  13. "Seleccionados 20 nuevos candidatos para el jurado del 'caso Asunta'". El País. 19 de xuño de 2015. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  14. "¿Mataron a Asunta porque les molestaba?". El Mundo. 28 de setembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  15. "Los padres de Asunta, culpables". El Mundo. 30 de outubro de 2015. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  16. Xurxo Melchor; Javier Romero (19 de novembro de 2020). "Así fueron las últimas horas en Brieva". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  17. Melchor, Xurxo (19 de novembro de 2020). "La prisión sacó a Rosario Porto del plan antisuicidios antes de que se ahorcara". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]