Candela Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Candela Peña
Festival de Málaga 2020 - Candela Peña 2 (Cropped).jpg
Nome completoMaría del Pilar Peña Sánchez
Nacemento14 de xullo de 1973
LugarGavà
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0679150 Allocine: 15980 Allmovie: p197398 TCM: 1306458 TV.com: people/candela-pena Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María del Pilar Peña Sánchez, nada en Gavà (provincia de Barcelona) o 14 de xullo de 1973, é unha actriz catalá, máis coñecida polo seu nome artístico de Candela Peña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla única, creceu no bar que os seus pais rexentaban. Ós catro anos de idade daba clases de ballet no Instituto da Danza de Barcelona: Escolleu o nome artístico de Candela por un fragmento de La Casa de Bernarda Alba onde dicían "¿encendieron la candela?", cando os seus compañeiros de instituto lle dixeron que Pilar Peña non tiña moito gancho para unha actriz e empezaron a chamala así. Ós 17 anos acabou COU e marchou ó Centro Andaluz de Teatro en Sevilla; máis tarde marchou vivir a Madrid. Motivada por Pedro Almodóvar, escribiu en 2001 a novela Pérez Príncipe, María Dolores.

Nomeada ó Premio Goya varias veces, obtívoo en 2003 por Te doy mis ojos e en 2005 por Princesas, o seu grande éxito.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Premios Fotogramas de Prata[editar | editar a fonte]

  • Mellor actriz de cine (2005)
  • Candidata ó Premio de Mellor Actriz de Cine (2003).

Premios Ondas[editar | editar a fonte]

  • Mellor actriz de cine (2003)

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2014 Mellor actriz Schimbare Nomeada