Exército de Terra de España
Exército de Terra de España | |
---|---|
Ejército de Tierra | |
Escudo do Exército de Terra | |
País | España |
Tipo | exército de terra |
O Exército de Terra é a rama terrestre das Forzas Armadas de España, un dos exércitos en actividade máis antigos do mundo (século XV). Ten o seu Cuartel Xeral no Palacio de Buenavista de Madrid, situado na céntrica Praza de Cibeles, fronte ao Banco de España. Actualmente o Exército de Terra de España conta con aproximadamente 135.000 efectivos.
Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.
Organización e estrutura
[editar | editar a fonte]Actualmente as Forzas Armadas Españolas atópanse nun proceso de reestruturación. Con esta reestruturación preténdese adecuar a organización ao número de efectivos dispoñibles, concentrar as unidades nun número menor de localizacións, actualizar normas e procesos, reducir os niveis administrativos, suprimir estruturas redundantes e potenciar as capacidades das forzas mediante tecnoloxías avanzadas.[1]
Esta reorganización afectará a sesenta unidades, das cales trinta e tres serán disoltas e vinte e tres transformadas. Das disoltas, vinte e catro serán batallóns.[2]
Do mesmo xeito que a Armada e o Exército do Aire, o Exército de Terra está composto por:
- O Cuartel Xeral: fórmao o conxunto de órganos que encadran os medios humanos e materiais necesarios para asistir ao xefe do Estado Maior no exercicio do mando sobre o seu exército.
- A Forza: é o conxunto de recursos humanos e materiais que se agrupan e organizan co labor principal de prepararse para a realización das operacións militares.
- O Apoio á forza: son aqueles órganos responsables da dirección, xestión, administración e control dos recursos humanos, materiais e financeiros, asignados ao Exército.
A Forza
[editar | editar a fonte]A nova organización da Forza ten unha estrutura máis simplificada, coas brigadas como elemento principal. Deste xeito soluciónase o problema da existencia de unidades que non contaban cun número suficiente de efectivos e medios. Esta organización é máis flexible, ten un único mando e potencia as unidades lixeiras con maior capacidade de mobilidade e proxección.
A Forza está formada polas seguintes unidades:[3]
- Cuartel Xeral Terrestre de Alta Dispoñibilidade, en Bétera (Valencia).
- Forza Terrestre, Cuartel Xeral en Sevilla.
- Forzas Lixeiras, Cuartel Xeral na Estr. de Estremadura Km. 8,200 (Madrid).
- Brigada de Infantería da Lexión "Afonso XIII" II, en Viator (Almería); e Ronda (Málaga).
- Brigada de Infantería Lixeira "San Marcial" V, en Vitoria, Mungia (Biscaia) e Donostia.
- Brigada de Infantería Lixeira Paracaidista "Almogávares" VI, en Paracuellos de Jarama (Madrid) e Javalí Nuevo (Murcia).
- Brigada de Infantería Lixeira "Galicia" VII, en Salcedo, parroquia do concello de Pontevedra, Siero en Asturias e Santovenia de Pisuerga en Valladolid.
- Xefatura de Tropas de Montaña, en Jaca (Huesca), en Barcelona, en Berrioplano (Navarra) e Sant Climent Sescebes (Xirona).
- Forzas Pesadas, Cuartel Xeral en Burgos.
- Brigada de Infantería Mecanizada "Guzmán el Bueno" X, en Cerro Muriano (Córdoba).
- Brigada de Infantería Mecanizada "Estremadura" XI, en Bótoa (Badaxoz) e Badaxoz.
- Brigada de Infantería Acoirazada "Guadarrama" XII, en Madrid.
- Brigada de Cabalería "Castillejos" II, en Zaragoza e en Marines (Valencia).
- 12º Rexemento de cabalería de recoñecemento "Farnesio", en Santovenia de Pisuerga (Valladolid).
- Comandancia Xeral de Baleares, en Palma.
- Comandancia Xeral de Ceuta
- Comandancia Xeral de Melilla
- Outras Unidades:
- Brigada de Transmisións
- Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra, co seu Cuartel Xeral en Colmenar Viejo (Madrid).
- Mando de Artillería de Campaña, Cuartel Xeral en San Andrés del Rabanedo (León).
- Mando de Artillería Antiaérea, Cuartel Xeral en Madrid.
- Mando de Enxeñeiros, Cuartel Xeral en Salamanca.
- Mando de Operacións Especiais, Cuartel Xeral en Alacant.
- Outras Unidades de Apoio
- Forzas Lixeiras, Cuartel Xeral na Estr. de Estremadura Km. 8,200 (Madrid).
- Mando de Canarias
- Forza Loxística Operativa, Cuartel Xeral na Coruña.
O Apoio á forza
[editar | editar a fonte]O Apoio á forza do Exército está composto por:
- Mando de Apoio Loxístico do Exército
- Mando de Persoal
- Mando de Adestramento e Doutrina
- Inspección Xeral do Exército
- Dirección de Asuntos Económicos
Corpos do Exército
[editar | editar a fonte]O persoal do Exército distribúese en catro corpos:
- Corpo Xeral das Armas (CGA)
- Corpo de Intendencia (CINT)
- Corpo de Enxeñeiros Politécnicos (CIP)
- Corpos de Especialistas (CE)
O Corpo Xeral das Armas divídese en especialidades fundamentais:
- Infantaría
- Cabalaría
- Artillaría
- Enxeñeiros
Corpos comúns das Forzas Armadas.
Unidades e centros con emblema específico.
- Estado Maior
- Academia Xeral Militar
- Academia Xeral Básica de Suboficiais
- Compañías de Mar
- Regulares
- Lexión
- Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra
- Unidades de Loxística
- Policía Militar
Empregos
[editar | editar a fonte]No Exército de Terra español existen os seguintes empregos, de acordo coa clasificación de rangos da OTAN, á cal España pertence.
Código OTAN | OF-10 | OF-9 | OF-8 | OF-7 | OF-6 | OF-5 | OF-4 | OF-3 | OF-2 | OF-1 | OF-D | Oficial cadete | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | |||||||||||||
Capitán Xeneral1 | Xeneral de Exército2 | Tenente Xeneral | Xeneral de División | Xeneral de Brigada | Coronel | Tenente Coronel | Comandante | Capitán | Tenente | Alférez | Alférez Cadete | Cadete | |
1 Ostentado por S.M. o Rei como parte das súas funcións constitucionais. |
Código OTAN | OR-9 | OR-8 | OR-7 | OR-6 | OR-5 | OR-4 | OR-3 | OR-2 | OR-1 | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Suboficial maior | Subtenente | Brigada | Sarxento Primeiro | Sarxento | Cabo Maior | Cabo Primeiro | Cabo | Soldado de primeira | Soldado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Real Decreto 416/2006, de 11 de abril, por el que se establece la organización y el despliegue de la Fuerza del Ejército de Tierra, de la Armada y del Ejército del Aire, así como de la Unidad Militar de Emergencias.". Consultado o 2022-04-09.
- ↑ "O JEME recoñece cambios no Exército que afectarán a 16.000 militares". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de abril de 2011.
- ↑ "ORDEN DEF/3771/2008". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exército de Terra de España |