Santovenia de Pisuerga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°42′N 4°41′O / 41.700, -4.683

Santovenia de Pisuerga
Bandera de Santovenia de Pisuerga.svg
Escudo de Santovenia de Pisuerga.svg
Iglesia de Santovenia de Pisuerga.jpg
Localización
Mapa de Santovenia de Pisuerga.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaValladolid
ComarcaCampiña del Pisuerga
Xeografía
Altitude705 msnm
Superficie13,74 km²
Demografía
Poboación3.965 hab. (INE 2011)
Densidade288,57 hab./km²
XentilicioSantoveniense
Outros datos
Código postal47155
AlcaldeGermán Tejedor Quintana
santoveniadepisuerga.es

Santovenia de Pisuerga é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Pertence á comarca da Campiña del Pisuerga. O concello limita ao suroeste co de Valladolid.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2011
1.078 1.556 2.551 2.688 3.965

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial de San Xoán Bautista: construída no século XVI, presenta unha soa nave cun retablo maior de San Xoán Bautista, obra do escultor vallisoletano Pablo Álvarez, que data de 1788.
  • Ermida de Xesús Nazareno: construída no século XX, posúe unha escultura do Nazareno de finais do século XVI, obra de Pedro de la Cuadra.

Festividades[editar | editar a fonte]

A primeira festividade que se celebra ao ano é a de Santa Águeda (5 de febreiro), pero a principal e de maior importancia é a de San Xoán, patrón da localidade (24 de xuño). A Comisión de Festas organiza diferentes actividades ao longo dos días consecutivos, como a Fogueira de San Xoán, verbenas nocturnas ou o Desfile de Carrozas e Disfraces. Tamén se celebra San Juanín o último fin de semana de agosto, unha reunión popular entre veciños con gran variedade de actividades ao longo do día.

Deporte[editar | editar a fonte]

Santovenia recibe o sobrenome de "Cidade do Deporte" xa que a Unión Deportiva Santovenia leva a cabo un proxecto para fomentar esta actividade desde diferentes ámbitos. Cada ano realízanse diversas competicións de fútbol e baloncesto, aínda que tamén se practican outros deportes como tenis ou judo. Un exemplo é Mayte Martínez, recoñecida atleta nacida nesta localidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]