Eleccións xerais de España de 1886

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eleccións Xerais 1886 en España»)
Eleccións xerais de España de 1886Eleccións xerais de España de 1886
Data4 de abril de 1886 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
 ← 1884 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1891 Editar o valor em Wikidata  → 

As Eleccións Xerais de 4 de abril de 1886 en España foron convocadas tralo falecemento de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Francisco Romero Robledo, 1904. Óleo sobre lenzo de Ignacio Pinazo Camarlench. Conservado no Congreso dos Deputados.

O Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885, foi un acordo subscrito por Cánovas del Castillo e Práxedes Mateo Sagasta, que instituíu o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores e consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX. O 25 de novembro de 1885 falece o monarca español Afonso XII, en virtude de devandito pacto Cánovas del Castillo presentou a súa dimisión deixando paso a Sagasta o 27 de novembro.

O 15 de decembro un sector do canovismo encabezado por Francisco Romero Robledo rompeu co Partido Liberal-Conservador en protesta pola entrega do poder aos liberais. O 26 de decembro Cánovas del Castillo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados por 222 votos contra 112.

María Cristina de Habsburgo-Lorena achábase embarazada dun fillo que nacería póstumo, tivo que asumir a regencia. O 31 de decembro a raíña xurou como rexente ante as Cortes. A raíña, inexperta nos negocios da política, deixouse asesorar por Sagasta, con quen acabaría trabando unha estreita amizade. O papel de María Cristina no sistema de goberno foi representativo, xa que non participou nos enfrontamentos entre os partidos dinásticos, respectando a quenda á hora de chamar aos candidatos a formar goberno aínda que se sentiu máis próxima a Sagasta e non puxo dificultades ao mantemento de longos períodos de goberno do partido liberal.

Características[editar | editar a fonte]

O 15 de xaneiro de 1886 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

O número de votantes para estas eleccións era de 807.175 (o 4,5% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 395 deputados o día 4 de abril de 1886.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais en España, 4 de abril de 1886

Partido Escanos Líder
Partido Liberal 268 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Liberal-Conservador 83 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Republicano Progresista 12 Manuel Ruiz Zorrilla
Nicolás Salmerón
Partido Demócrata Posibilista 10 Emilio Castelar
Partido Liberal Reformista 10 Francisco Romero Robledo
Izquierda Dinástica 10 José López Domínguez
Partido Republicano Democrático Federal 1 Francesc Pi i Margall
Independentes 1 Barón de Sangarrén

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]