Eduard Punset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduard Punset.

Eduard Punset i Casals, nado en Barcelona en 1936, é un avogado, economista e divulgador científico catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e cun Máster en Ciencias Económicas pola Universidade de Londres, foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist e economista do Fondo Monetario Internacional nos Estados Unidos e en Haití. Como especialista en temas de impacto das novas tecnoloxías, foi asesor de COTEC, Profesor Conselleiro de Marketing Internacional na ESADE (Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas), presidente do Instituto Tecnolóxico Bull, profesor de Innovación e Tecnoloxía do Instituto de Empresa (Madrid), Presidente de Enher, Subdirector Xeral de Estudios Económicos e Financeiros do Banco Hispanoamericano, e Coordinador do Plan Estratéxico para a Sociedade da Información en Cataluña.

Tivo un destacado papel na apertura de España ó exterior como Ministro de Relacións para as Comunidades Europeas. Participou na implantación do Estado das autonomías como conselleiro de finanzas da Generalitat, e como Presidente da delegación do Parlamento Europeo para Polonia tutelou parte do proceso de transformación económica dos países do leste despois da caída do Muro de Berlín. Trala incorporación de España á Unión Europea, foi elixido eurodeputado en 1987 e en 1989 polo CDS.

É autor de diversos libros sobre análise económica e reflexión social. Actualmente é Profesor de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade na Facultade de Economía do Instituto Químico de Sarrià (Universidade Ramon Llull), director e presentador do programa de divulgación científica Redes en TVE desde 1996 e presidente da produtora audiovisual Smartplanet.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Ciudad de Alcalá de las Artes y las Letras 2012.
  • Doutor Honoris Causa pola Universitat de les Illes Balears (2010).

O Consello de Goberno da UIB aprobou en outubro de 2010 o nomeamento de Punset coma doutor honoris causa, a proposta da Escola Politécnica Superior da institución..

  • Espacio máis interesante: 'Redes', de Eduard Punset (2010).

Concedido a Eduard Punset na segunda edición do 'FesTVal" de Vitoria polo sey programa 'Redes', de TVE 2.

  • Premio Humano concedido por TVE no marco dos Premios Zapping (2009).

Concedido a Eduard Punset pola sua virtude de facernos entender os misterios da vida e os avances técnicos dunha forma atractiva e fácil. Gracias aos seus programas sabemos como ser un pouco máis felices o entender por que somos como somos. aos seus dotes de gran comunicador científico hai que engadir a sua calidade humana".

  • Premio de la Asociación Profesional Española de Informadores de prensa, radio y televisión: APEI-Catalunya (2008).

Concedido a Eduard Punset na categoría de Entrañables.

  • Premio Hombre GQ del Año al Mejor Escritor a Eduard Punset (2008).

"Mención de honor" da Sociedade Española de Neuroloxía (2008).

  • Premio Manel Xifra i Boada (2008).

El Col·legi d'Enginyers Tècnics Industrials de Girona concedeu a Eduard Punset o premio á transmisión do coñecemento técnico e tecnolóxico en recoñecemento da sua actividade como divulgador da ciencia e da tecnoloxía.

  • Premio de Ciencia y Tecnología (2008).

Outorgado pola AEEPP, Asociación Española de Editoriales de Publicacións Periódicas.

  • Galardón da Psicoloxía (2007). Outorgado polo Colexio Oficial de Psicólogos da Rexión de Murcio polo seu interese e achegas científicas ó desenvolvemento da psicoloxía, así como pola difusión que realiza a través do programa Redes.
  • Premio de Periodismo Rey Jaime I (2007).

Concedido a Eduard Punset no VII Congreso de periodismo dixital de Huesca.

  • Premio Airtel de Periodismo (2002).

Da Fundación Vodafone a Eduard Punset pola sua traxectoria.

  • Premio de la Asociación Española de Científicos (2001).

No recoñecemento ao seu labor no campo da investigación científica e no desenvolvemento tecnolóxico.

  • "Los 10 intelectuales más influyentes de Iberoamérica 2012. Revista Foreign Policy

Obras[editar | editar a fonte]

  • El viaje al poder. (En produción).
  • El viaje al amor. 2007.
  • The Happiness Trip (Tradución estadounidense de El viaje a la felicidad). 2007.
  • El alma está en el cerebro. Radiografía de la máquina de pensar. 2006.
  • El viaje a la felicidad: Las nuevas claves científicas. 2005.
  • Cara a cara con la vida, la mente y el universo. 2004.
  • Adaptarse a la marea. La selección natural en los negocios. 2004.
  • Manual para sobrevivir en el siglo XXI. 2000.
  • Information resources & corporate growth (coautor). 1989.
  • La España Impertinente. 1986.
  • España: sociedad cerrada, sociedad abierta. 1982.
  • La salida de la crisis . 1980.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Eduard Punset

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]