Economía de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Rusia
Moeda Rublo ruso
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CEI, APEC, G-8, G-20 e outros
Datos estatísticos[1]
PIB 2 509 mil millóns (2012)
Posición do PIB 7ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,6% (2012)
PIB per cápita 17 700 (2012)
PIB por sector agricultura 4,4%, industria 37,6%, comercio e servizos 58% (2012)
Inflación 5,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 75,24 millóns (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 9,8%, industria 27,5%, comercio e servizos 62,7% (2010)
Desemprego 6,2% (2012)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións US$542,5 mil millóns (2012)
Produtos de exportación petróleo e os seus derivados, gas natural, madeira e derivados, metais, produtos químicos, equipamentos civís e militares
Principais mercados Países Baixos 12,2%, República Popular da China 6,4%, Italia 5,6%, Alemaña 4,6%, Polonia 4,2% (2011)
Importacións US$ 358,1 mil millóns (2012)
Principais produtos importados vehículos, máquinas e equipamentos, bens de consumo, medicamentos, carne, azucre, produtos de metal semimanufacturados
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 455,2 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Modernos edificios en Moscova.

Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron gran parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar.[1]

Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado[1].

O 2006 a economía da Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e os seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global - o 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario - e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais[1].

O PIB do país atinxiu 535 mil millóns de dólares en 2004, facendo da economía rusa a 16ª economía mundial, sendo que Moscova, concentra o 30% da produción do país.

O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adhesión á OMC.

Desafíos recentes[editar | editar a fonte]

Un dos maiores desafíos dos formuladores da política económica rusa é o de incentivar o desenvolvemento de pequenas e medianas empresas nun ambiente empresarial dominado por oligarcas e dotado dun sistema bancario xove e pouco eficiente. Moitos dos bancos rusos pertencen a grandes empresarios ou oligarcas, que usan frecuentemente os depósitos para financiar os seus propios negocios. O Banco Europeo para Reconstrución e o Desenvolvemento e o Banco Mundial tentaron normalizar as prácticas bancarias facendo investimentos en accións ordinarias e na débeda, mais cun éxito moi limitado.

Outros problemas inclúen un desenvolvemento económico desigual entre as rexións do país. Mentres que a rexión de Moscova, coa súa inmensa poboación de 20 millóns de habitantes, é unha metrópole moderna, con sectores de tecnoloxía de punta e renda per capita próxima á das economías máis fortes da eurozona, o resto do país, en especial as comunidades rurais da Asia, vive como vivía no fin da Idade Media. A integración ao mercado tamén se fai sentir noutras cidades grandes como San Petersburgo, Kaliningrado e Ekaterimburgo.

Estimular o investimento estranxeiro é tamén un gran desafío. Até agora, o país ten se beneficiado do aumento nos prezos de petróleo e ten sido capaz de pagar unha boa parte da súa débeda externa, que era xigantesca. O reinvestimento dos lucros obtidos pola explotación de recursos naturais noutros sectores da economía tamén é un problema.

A prisión en 2003 dun dos oligarcas rusos, Mikhail Khodorkovski, á época o máis rico empresario do país, acusado de fraude, evasión fiscal e corrupción durante as grandes privatizacións conducidas no goberno de Boris Eltsin, xerou certa desconfianza entre os investidores estranxeiros. Khodorkovski foi xulgado en 2010 e condenado a 14 anos de prisión.[3] Moitas das grandes fortunas actuais, na Rusia, parecen ter resultado da adquisición de propiedades estatais a moi baixo prezo ou da adquisición barata de concesións gobernamentais. Outros países manifestaron a súa preocupación coa aplicación "selectiva" da lei contra empresarios individuais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. Veja. "Russo Khodorkovski é condenado a 14 anos de prisão" (en (en portugués)). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]