Empresa municipal Augas da Coruña, S.A. (oficialmente en castelán Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. - EMALCSA) é unha empresa pública que abastece de auga potable ó concello da Coruña, e a súa área metropolitana. Inscrita no Rexistro Mercantil desta mesma cidade o 7 de xullo de 1978, absorbeu á antiga abastecedora Aguas de La Coruña S.A. fundada en 1908. A empresa ten un patrimonio valorado en 2013 en 58,3 millóns de euros[1].
A empresa é propiedade do Concello da Coruña ao 100%, factura máis de 20 millóns de euros ao ano cun beneficio de máis de 2 millóns de euros. Emalcsa foi accionista de R Cable e financia Smart City. Os maiores clientes particulares da empresa son Hijos de Rivera e Begano que consomen case a metade da auga.