Rexistro Mercantil
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Rexistro Mercantil é unha institución administrativa dependente do Ministerio de Xustiza que ten como obxectivo a publicidade oficial das situacións xurídicas dos empresarios e sociedades inscritos. Rexido polo Regulamento do Rexistro Mercantil, aprobado polo Real Decreto 1784/1996 do 19 de xullo.
Organización
[editar | editar a fonte]Existe un Rexistro Mercantil por cada provincia, que recolle a información relativa a esa rexión. E un Rexistro Mercantil central que aglutina as informacións de tódolos Rexistros provinciais e publica o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).
Inscrición
[editar | editar a fonte]Os seguintes suxeitos están obrigados a inscribirse no Rexistro Mercantil:
- Armadores.
- Sociedades mercantís
- Sociedades de garantía recíproca
- Cooperativas de crédito, mutuas, cooperativas de seguros e mutualidades de previsión social.
- Sociedades de investimento colectivo.
- Agrupacións de interese económico.
- Caixas de aforro.
- Fondos de investimento.
- Fondos de pensións.
- As sucursais dos anteriores suxeitos.
- As sociedades estranxeiras que trasladen o seu domicilio a territorio español.
- As demais persoas que establezan as leis.
Funcións
[editar | editar a fonte]A parte da publicidade oficial de persoas tanto físicas como xurídicas e os seus actos mercantís, o Rexistro Mercantil é o encargado da legalización dos libros dos empresarios, do nomeamento de auditores e peritos segundo os casos que determinen as leis e do depósito e publicidade da contabilidade dos suxeitos inscritos nos casos que sexa pertinente segundo a lei.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernando Sánchez Caler: Principios de Derecho Mercantil, Ed. Aranzadi, 2006 ISBN 8483550210 (en castelán)
- Código de comercio y leyes complementarias, Ed. Cívitas, 1996 ISBN 8447007464 (en castelán)