Dorothy Arzner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dorothy Arzner
Dorothy Arzner in The Bride Wore Red trailer.jpg
Nacemento3 de xaneiro de 1897 e 3 de xaneiro de 1900
 San Francisco
Falecemento1 de outubro de 1979
 La Quinta
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Sur de California e Harvard-Westlake School
Ocupacióndirectora de cine, montador, guionista, produtor de teatro, radio producer e publicitário
Premiosstar on Hollywood Walk of Fame
editar datos en Wikidata ]

Dorothy Emma Arzner, nada en San Francisco o 3 de xaneiro de 1897 e finada en La Quinta, California o 1 de outubro de 1979, foi unha directora de cinema estadounidense que estivo en activo en Hollywood entre a era do cinema mudo dos anos 20 e a década de 1940. Entre 1927 e a súa retirada da dirección en 1943, Arzner foi a única muller que traballou en Hollywood como directora.[1] Ademais, foi unha das poucas mulleres que logrou establecer unha carreira longa de éxito en Hollywood como directora ata a década de 1970.[2]

Arzner dirixiu un total de vinte filmes e lanzou as carreiras de actrices como Katharine Hepburn, Rosalind Russell e Lucille Ball.[3] Foi tamén a primeira muller membro do Directors Guild of America e a primeira que dirixiu un filme sonoro.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dorothy Arzner naceu en San Francisco (California), mais mudouse cos seus pais Louis e Jenetter Arzner aos Ánxeles, onde o seu pai abriu un prestixioso restaurante xunto a un teatro de Hollywood. Arzner pasou a súa infancia arrodeada de famosos que ían ao restaurantes, como Maude Adams, Sarah Bernhardt ou David Warfield, mais ela estaba tan afeita a eles que nunca lle atraeu o mundo do cinema.

A pesar de que comezou un grao na universidade do Sur de California para converterse en médica, como dixo nunha entrevista con Karin Kay e Gerald Peary publicada en 1974 na revista Cinema, "tras uns poucos meses de verán no despacho dun bo cirurxián e coñecer os enfermos, decidin que iso non era o que eu quería. Quería ser como Xesús... curar os enfermos e resucitar os mortos, instantanteamente, sen cirurxía, pílulas etcétera". Foi entón, tras dous anos na carreira, que abandonou e decidiu atopar un traballo que lle permitise lograr independencia económica. Arzner, a pesar de deixar o grao, tiña unha ampla educación, que incluía clases de arquitectura e historia da arte. Ao pouco de deixar a universidade, comezou a traballar para Paramount Studios facendo tarefas como cortadora ou montadora, polas que foi especificamente recoñecida no filme Blood and Sand (1922). Máis tarde, os estudios ofrecéronlle un contrato de dous anos como directora, mais non foi ata que rematou o contrato cando comezou unha carreira independente.

Arzner mantivo unha relación de corenta anos con Marion Morgan, bailarina e coreógrafa dez anos máis vella ca ela. Aínda que tratou de manter a súa vida persoal tan privada como foi posible, Arzner estivo relacionada romanticamente con numerosas actrices, incluídas Alla Nazimova e Billie Burke.[5] Tamén se dixo, mais nunca se comprobou que tivo relacións con Joan Crawford e Katharine Hepburn.[2] Nunca ocultou a súa orientación sexual, e a súa indumentaria era pouco convencional para unha muller dese tempo, pois levaba traxes ou vestidos rectos. Marion Morgan coreografou algunhas secuencias de baile en filmes de Arzner como Dance, Girl, Dance.[6]

En 1930, Arzner e Morgan mudáronse a Mountain Oak Drive, onde viviron ata a morte de Morgan en 1971. Mentres viviron en Hollywood, Arzner asistiu a varios eventos cinematográficos. Nos seus últimos anos, Arzner deixou Hollywood para ir vivir ao deserto. Faleceu en 1979, aos oitenta e dous anos en La Quinta, California.[7]

Legado[editar | editar a fonte]

A obra de Arzner, como cineasta muller e cineasta homosexual, ten grande importancia nos estudos cinematográficos. Quizais debido a que abandonou Hollywood nos anos corenta, a súa obra foi esquecida ata a década de 1970, en que foi redescuberta por teóricos do cinema feminista.[8] Dende entón, os seus filmes foron estudados polas súas representacións do xénero e da sexualidade feminina.[9]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaines, Jane (1992). ""Dorothy Arzner's Trousers"". Jumpcut: A Review of Contemporary Media. No. 37: 88–98. 
  2. 2,0 2,1 Mayer, So (7 de marzo de 2015). ""Dorothy Arzner: Queen of Hollywood"". British Film Institute. 
  3. Wise, Damon (10 de outubro de 2016). ""Lumière Festival: Dorothy Arzner, a Hollywood Trailblazer"". Variety. 
  4. ""Dorothy Arzner"". UCLA Film and Television Archive. 
  5. Mann, William J. (2001). Behind the Screen: How Gays and Lesbians Shaped Hollywood, 1910-1969. Nova York: Viking. ISBN 9780670030170.
  6. Mayne, Judith (1994). Directed by Dorothy Arzner. (\https://books.google.com/books?id=Y1xSHLHGh7MC). Indiana University Press. páx. 42. ISBN 9780253208965.
  7. ""Dorothy Arzner Biography"". Biography. 13 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2018. 
  8. Casella, Donna R. (2009). ""What Women Want: The Complex World fo Dorothy Arzner and Her Cinematic Women"". Framework: The Journal of Cinema and Media 50: 235–270 – vía https://www.jstor.org/stable/41552560. 
  9. Geller, Theresa (maio de 2003). ""Arzner, Dorothy"". Senses of Cinema. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]