Diodoro Sículo
Diodoro Sículo ou de Sicilia (en grego Διόδωρος Σικελιώτης) foi un historiador grego do século I a.C. nado en Agyrium (hoxe Agira), na provincia romana de Sicilia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xerome de Estridón (Chronica) sitúa a madurez de Diodoro cara ao 49 a.C., o que coincide coas afirmacións do propio autor. A data máis antiga que menciona Diodoro é a súa visita a Exipto na 180ª Olimpíada (entre o 60 e o 56 a.C), que foi recordada por un tumulto en demanda da pena de morte para un cidadán romano que matara accidentalmente un gato, animal sagrado para os antigos exipcios (Bibliotheca historica 1.41, 1.83). O último feito recordado por Diodoro é a vinganza de Octavio César Augusto sobre a cidade de Tauromenium (hoxe Taormina), cuxa negativa a axudalo conduciu ao futuro emperador a unha derrota naval no -36 Diodoro non dá mostra de haberse decatado da conversión de Exipto en provincia romana -o que ocorreu no -30-, polo que seguramente publicou a súa obra completa antes desa data. Diodoro afirma que empregou trinta anos na composición da súa Historia e que emprendeu varias perigosas viaxes a través de Europa e Asia para completar as súas investigacións históricas; con todo, os críticos modernos advertiron varios erros sorprendentes que unha testemuña ocular non debería cometer.
Biblioteca histórica[editar | editar a fonte]
A súa Historia, á que chamou Bibliotheca Historica, consta de 40 volumes, divididos en tres seccións:
- A primeira sección (libros de I a VI) narra a historia por rexións xeográficas: historia e cultura de Exipto (libro I), Mesopotamia, India, Escitia e Arabia (libro II), África do Norte (libro III), así como Grecia e Europa (libros IV a VI).
- Na seguinte sección (libros VII a XVII) conta a Historia do mundo desde a Guerra de Troia ata a morte de Alexandre Magno.
- A última sección (libros XVIII a XL) trata dos acontecementos históricos desde a morte de Alexandre Magno ata o ano -60 ou ata o comezo da Guerra das Galias por Xulio César no -45 (o final está perdido e non está claro se Diodoro chegou ata o comezo desa guerra, como promete non prefacio da súa obra ou se, como suxire a evidencia, vello e canso de escribir, a terminou no -60).
Elixiu o nome de Bibliotheca en recoñecemento da multiplicidade de fontes que lle serviron para compoñer a obra. Entre os autores que puideron ser identificados figuran Hecateo de Mileto, Ctesias, Éforo, Teopompo, Xerome de Cardia, Duris de Samos, Diulo, Filisto, Timeo de Tauromenio, Polibio e Posidonio.
O uso liberal que fixo dos historiadores que o precederon articula a crítica negativa que se lle dá na edición de 1911 da Enciclopedia Británica:
Moito máis comprensivo móstrase outro autor, C.H. Oldfather, quen escribiu na súa introdución á súa tradución de Diodoro:
Como xa se indicou, a inmensa obra de Diodoro non se conservou intacta: temos os cinco primeiros libros e os numerados do X ao XX. O resto só nos chegou en fragmentos preservados en Focio e os resumos de Constantino Porfiroxénito.
A editio princeps de Diodoro foi unha tradución latina dos cinco primeiros libros, realizada por Poggio Bracciolli en Boloña en 1472. A primeira impresión do orixinal grego (en Basilea en 1535) contiña só os libros XVI a XX, e foi o traballo de Vincentius Opsopoeus. Todos os libros e fragmentos sobreviventes foron publicados só en 1559 por H. Stephanus en Xenebra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diodoro Sículo. Biblioteca histórica. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2292-4.
- Volumen I: Libros I-III. Introducción, traducción y notas de Francisco Parreu Alasá, 2001. ISBN 978-84-249-2291-7.
- Volumen II: Libros IV-VIII. Traducción de Juan José Torres Esbarranch, 2004. ISBN 978-84-249-2732-5.
- Volumen III: Libros IX-XII. Traducción de Juan José Torres Esbarranch, 2006. ISBN 978-84-249-2858-2.
- Volumen IV: Libros XIII-XIV. Traducción de Juan José Torres Esbarranch, 2008. ISBN 978-84-249-0264-3.
- Volumen V: Libros XV-XVII. Traducción de Juan José Torres Esbarranch, 2012. ISBN 978-84-249-2333-4.
- Volumen VI: Libros XVIII-XIX-XX. Traducción de Juan José Torres Esbarranch, 2014. ISBN 978-84-249-2612-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diodoro Sículo |
Biblioteca histórica:
- Esquema do contido dos libros, en francés, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
- Textos bilingües grego - francés, con introdución e anotacións en francés, no sitio de Philippe Remacle. Traduccón de Ferdinand Höfer; Hachette, 1865.
- Introdución.
- Libros
- I: 1 - 41; 42 - 98.
- II.
- III: 1 - 30; 31 - 60.
- IV: 1 - 30; 31 - 60; 61 - 85.
- V: 1 - 30; 31 - 60.
- VI (fragmentos).
- VII (ss.).
- VIII (ss.).
- IX (ss.),
- X (ss.),
- XI: 1 - 30; 31 - 60; 61 - 92.
- XII: 1 - 30, 31 - 60, 61 - 84.
- XIII: 1 - 30; 31 - 60; 61 - 90; 91 - 104.
- XIV.
- XV.
- XVII.
- XX.
- XXI (fragmentos).
- XXII (ss.).
- XXIII (ss.).
- XXIV (ss.).
- XXV (ss.).
- XXVI (ss.).
- XXVII (ss.).
- XXVIII (ss.).
- XXIX (ss.).
- XXX (ss.).
- XXXI (ss.).
- XXXII (ss.).
- XXXIII (ss.).
- XXXIV y XXXV (ss.).
- XXXVI (ss.).
- XXXVII (ss.).
- XXXVIII y XXXIX (ss.).
- XL (ss.).
- Libro XVIII: texto francés no sitio de Philippe Remacle. Trad. de Jean Terrasson (1670 - 1750); París, 1737 - 1744.
- Libro XIX: texto francés no mesmo sitio. Trad. de J. Terrasson.
- Libros I - V: texto grego, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto.
- Libros IV e V, e fragmentos do VI: texto inglés no sitio Theoi; ed. de 1935 de C. H. Oldfather publicada na Loeb Classical Library.
- Libros IX - XVII: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- Libros XVIII - XX: texto grego no Proxecto Perseus. Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto.
- En Wikisource:
- Texto parcial inglés: I - V y XI - XV.
- Texto parcial francés: XI - XIV.
- Texto parcial grego: I - XII.