Baixo mínimos
| Baixo mínimos | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Forma artística
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Temática | |||||
|
Ambientado en
| |||||
| Publicación | |||||
|
Editorial
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Baixo mínimos é unha novela negra de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2004. É a primeira da saga protagonizada polo detective Horacio Dopico.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Ourense aparece morto o avogado Adrián Seivane, e a versión policial afirma que se debe a un asasinato por parte do GIA (Grupo Independentista Armado), dado que coincide o calibre da arma utilizada nos crimes desta organización.
Porén, o comisario da cidade encarga a Horacio Dopico que investigue cales foron as causas e as circunstancias do falecemento.
Malia as ameazas recibidas polo grupo independentista e por uns colombianos traficantes de cocaína, Horacio descobre que o avogado levaba unha dobre vida, que frecuentaba un prostíbulo, e que a única relación que tiña coa súa muller era profesional, pois mantiñan negocios ilícitos.
O detective, Horacio Dopico, é un policía apartado do corpo debido aos seus excesos co alcol. Divorciado da súa muller, vive só nun piso moi desordenado, coa súa veciña lesbiana por única amizade.
O libro está narrado nunha linguaxe moi popular. O detective móvese por ambientes pouco exclusivos, e consome decote cocaína, haxix e whisky, relacionándose con traficantes e camareiros, e falando no seu argot.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web da editorial.