O longo adeus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O longo adeus
Título orixinalThe Long Goodbye
Autor/aRaymond Chandler
OrixeCalifornia (Estados Unidos)
Linguainglés
Xénero(s)Novela negra
Editorial Houghton Mifflin
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1953
Galicia 2019
Páxinas320
ISBNISBN 0-394-75768-8
Precedido porThe Little Sister
Seguido porPlayback
TraduciónDiego Ameixeiras e Alejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

O longo adeus (en inglés: The Long Goodbye) é unha novela escrita en 1953 por Raymond Chandler, protagonizada polo detective Philip Marlowe. Namentres que parte da crítica non a considera á altura que The Big Sleep ou Farewell, My Lovely, outra parte considéraa a mellor obra da súa vida.[1]. Destaca pola súa crítica social, e inclúe de elementos autobiográficos. En 1955 recibiu o Premio Edgar Award á mellor novela.

Foi traducida ó galego por Diego Ameixeiras e Alejandro Tobar[2] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.

Argumento[editar | editar a fonte]

A novela comeza no exterior do club The Dancers. Marlowe, detective xa aparecido en novelas anteriores do escritor, coñece un borrachón chamado Terry Lennox, que ten a cara marcada por cicatrices. Comezan unha infrecuente amizade de varios meses, ata que unha noite Lennox chega de madrugada ó despacho de Marlowe pedíndolle que o leve ó aeroporto de Tijuana. Marlowe acepta, a condición de que Lennox non lle dea ningún detalle do asunto.

No seu regreso aos Ánxeles Marlowe é arrestado como sospeitoso de asasinato, logo de que non colaborar coa policía, que busca a confirmación de que axudou a escapar a Lennox. Dinlle que a muller de Lennox foi atopada morta na súa piscina, e que morreu antes da marcha de Lennox. Logo de tres días de interrogatorio infrutífero, Marlowe é liberado ó ser Lennox supostamente atopado morto tras suicidarse en Otatoclán cunha confesión completa do seu puño e letra. Marlowe volve á casa e encontra unha enigmática nota de Lennox cun "retrato de Madison" (un billete de 5 000 dólares).

Billete de $5000 co retrato de Madison.

Philip Marlowe recibe unha chamada desde Nova York do editor Howard Spencer, que lle pide que investigue un caso. Un dos seus mellores escritores, Roger Wade, ten problemas co alcol e leva tres días desaparecido. Inicialmente Marlowe rexeita o caso, pero logo de que a muller de Wade, Eileen, tamén lle pida axuda, decide aceptar. Marlowe remata atopando a Wade nun rancho no deserto. Cobra os seus honorarios, pero o caso Wade non remata.

Os Wade intentan convencer a Marlowe de que queda na súa casa para axudar a Roger a escribir en vez de beber. Rexéitao, pero remata facendo viaxes furtivas ó fogar dos Wade para controlalo. Nunha das visitas encontra a Roger tirado na herba cun coitelo na man. Despois intenta suicidarse, pero dálle a pistola á muller. Ela acaba nunha especie de transo intentando seducir a Marlowe, pensando que é un antigo amante que morrera dez anos antes na Segunda guerra mundial.

Mentres tanto recibe presións para que deixe o caso de Lennox, primeiro de Mendy Menéndez, un amigo hispano de Lennox, e despois do sogro de Lennox, da policía, do servente dos Wade (un chileno chamado Candy), e da muller de Wade. Marlowe tamén descobre que Terry Lennox vivira como Paul Marston, que casara e que seguramente proviña de Inglaterra.

Wade chama de novo a Marlowe, pedíndolle que vaia comer con el. Wade acaba embebedándose e suicidándose. A súa muller chega á casa pouco despois e acusa a Marlowe de matar o seu marido. Candy inicialmente intenta incriminar a Marlowe, pero as súas acusacións son desbotadas no interrogatorio.

Marlowe recibe unha chamada de Spencer avisándoo da morte de Wade, e respóndelle a Spencer que o recolla para iren ver a sñora Wade. Unha vez alí, Marlowe infórmaa da morte da muller de Terry Lennox. Eileen ao principio intenta inculpar a Roger, pero Marlowe non a cre e responde que ela matou tanto á señora Lennox como a Roger Wade, e que Paul Marston (Lennox) é o que fora seu primeiro marido, que se supuña falecido en combate na costa de Noruega ou a mans da Gestapo. Á mañá seguinte, Marlowe recibe unha chamada informándoo de que Eileen Wade se suicidou, deixando unha nota cunha confesión.

Marlowe segue negándose a ignorar a verdade. É asaltado por Menéndez, quen remata arrestado por un policía, antigo compañeiro seu, chamado Randy Starr, que servira con Menéndez e Lennox/Marston durante a guerra. Finalmente Marlowe recibe a visita dun mexicano que di estar presente cando Lennox foi asasinado no seu cuarto de hotel. Marlowe escoita a súa historia, e di que non o cre, pois o mexicano é o propio Lennox logo dunha operación de cirurxía.

Adaptacións televisisvas e cinematográficas[editar | editar a fonte]

A novela foi levada á televisión en 1954 na antoloxía de series Climax!, con Dick Powell como Marlowe, papel que xa interpretara en Murder, My Sweet. Esa actuación en directo encumbrou ó actor Tris Coffin.

Foi levada ó cine por Robert Altman en 1973 co título de The Long Goodbye.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reportaxe sobre a novela no New York Times, 25 de abril de 1954 (en inglés).
  2. Hugin e Munin (ed.). "O derradeiro verán en Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]