Deus salve o Tsar
| Deus salve o Tsar | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Deus salve o Tsar (en ruso Боже, Царя храни) foi o himno da Rusia imperial. A primeira versión, coñecida como A Oración dos rusos, foi escrita en 1815 por Vasili Zhukovski.
|
Боже, Царя храни! |
Historia
[editar | editar a fonte]
En 1833 kniaz Alexei Lvov acompañaba a Nicolao I durante a súa visita a Austria e Prusia, onde saudaban o emperador coa marcha inglesa. O tsar escoitaba a melodía da solidariedade monárquica sen entusiasmo, e ao volver a Rusia encargoulle a Lvov, como ao seu músico máis próximo, escribir un novo himno. Este, coa música de Lvov e letra de Zhukovski (como na versión anterior), foi presentado o 6 de decembroxul./ 18 de decembro de 1833greg. e estivo vixente até a Revolución de Febreiro de 1917.
Letra
[editar | editar a fonte]| En ruso | Transliterado | Tradución ao galego |
|---|---|---|
|
Боже, Царя храни! |
Bózhe, Tsariá jraní! |
¡Deus salve o Tsar! |
O himno ruso foi un dos máis breves do mundo, era moi fácil de recordar e adoitaba repetirse tres veces.
Non hai que considerar como himno ruso todo o poema de Zhukovski, a "Oración dos rusos", que contén as dúas versións do himno, ademais doutras estrofas.
|
Боже, Царя храни! Боже, Царя храни! Перводержавную Воинство бранное, Мирных воителей, О, Провидение! Будь нам заступником, |
Outros usos
[editar | editar a fonte]Moitos compositores fixeron uso do himno para incluílo nas súas obras, destacando a Tchaikovski, quen o utilizou na súa Abertura 1812, a Marcha Eslava, a abertura do Himno Nacional dinamarqués. Durante a época soviética, as autoridades alteraron a obra do compositor (como a Abertura 1812 e a Marcha Eslava), substituíndo o antigo himno tsarista por outras cancións patrióticas. Charles Gounod utiliza o himno na súa Fantaisie sur l'Hymne National Russe (Fantasía no Himno Nacional Ruso).
En 1842, o escritor inglés Henry Chorley escribiu "God, the Omnipotent!", collendo a melodía de Lvov e publicándoo como Himno Ruso.[1]
A mesma melodía utilízase tamén en varias cancións institucionais: Hail, Pennsylvania! (alma máter da Universidade de Pensilvania, Dear Old Macalester (alma máter do Macalester College), entre outros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Episcopal Church Publishing, ed. (1985). The Hymnal 1982. New York. p. 569.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deus salve o Tsar |
- Russian national anthem “God Save the Tsar” in Tchaikovsky’s music páxina para descargar diferentes versións
