Marcha eslava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marcha Eslava")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Marcha eslava en Si bemol menor, Op. 31 (tamén comunmente coñecida polo seu nome en francés Marche slave) ou Marcha serbo-rusa é unha composición orquestral de Petr Ilich Chaikovskii.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En xuño de 1876, Serbia e o Imperio Otomán estaban enfrontados na guerra serbo-turca, na que o Imperio Ruso apoiou abertamente a Serbia. A Sociedade Musical Rusa encargou unha peza orquestral a Chaikovski para un concerto benéfico en favor da Cruz Vermella e como apoio aos veteranos de Serbia.[1][2] Moitos rusos simpatizaban cos seus irmáns eslavos e ortodoxos e marcharon como voluntarios para axudar a Serbia durante os combates.

Chaikovski referiuse a esta peza como a Marcha Serbo-Rusa mentres a escribía. Foi estreada en Moscova o 5 de novembroxul./ 17 de novembro de 1876greg., dirixida por Nikolai Rubinstein.

Descrición[editar | editar a fonte]

A marcha é moi programática na súa forma e organización. Na primeira sección descríbese a opresión dos serbios polos turcos. Utiliza dúas cancións populares serbias. A primeira, Sol brillante, xa non brillas igual (en serbio: "Sunce jarko, ne sijaš jednako"), é interpretada desde o principio, segundo a indicación de Chaikovskii, "á velocidade dunha marcha fúnebre".[3] A segunda canción popular "Con alegría o serbio convértese en soldado" (en serbio: "Rado ide Srbin u vojnike") é máis optimista no seu carácter.[4]

No episodio seguinte, que describe as atrocidades nos Balcáns e no que Chaikovskii utiliza o seu dominio da orquestra para crear un tremendo clímax no momento no que reaparece a primeira canción popular, as trompetas tocan moi forte como un grito de auxilio. O tempestuoso ánimo amaina dando paso á segunda sección en clave relativamente máis severa, que describe a reunión rusa para axudar aos serbios. Isto baséase nunha simple melodía de carácter rústico dunha danza que desfila pola orquestra ata que finalmente dá paso a unha pasaxe solemne co himno nacional ruso "Deus salve o Tsar".

A terceira sección da peza é unha repetición do furioso clímax orquestral de Chaikovskii, no que se reitera a chamada de auxilio serbia. A última sección describe a marcha dos voluntarios rusos para axudar aos serbios. Utiliza un ton ruso, esta vez nunha clave maior tónica e inclúe outra ardente versión de "Deus salve o Tsar" profetizando o triunfo da poboación eslava sobre a tiranía. A abertura complétase cunha virtuosa coda da orquestra completa.

A peza mantén algunhas relacións coa Abertura 1812, coa que se relaciona frecuentemente na súa interpretación.

Instrumentación[editar | editar a fonte]

A marcha é tocada por dúas frautas, dous frautíns, dous óboes, dous clarinetes en Si bemol, dous fagots, catro trompas en Fa, dúas cornetas en Si bemol, 2 trompetas en Si bemol, tres trombóns (dous tenores e un baixo), unha tuba, tres timbais, caixas orquestrais, címbalos, bombos, gongs e instrumentos de cordas.

Gravacións notables[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monthly Calendar - The Kennedy Center". www.kennedy-center.org. Consultado o 2019-02-01. 
  2. "Tchaikovsky Research – Slavonic March". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2015. Consultado o 05 de maio de 2015. 
  3. Gordana Kojadinović. "Sunce jarko ne sijaš jednako - Gordana Kojadinović". Consultado o 2019-02-01. 
  4. National Channel. "Радо иде Србин у војнике (хорска верзија)". Consultado o 2019-02-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brown D. (1982) "Tchaikovsky: A Biographical and Critical Study, Volume 2 The Crisis Years 1874-1878" pp99–102 Victor Gollancz London. ISBN 0-575-03132-8
  • Garden E. (1973) "Tchaikovsky" p67 JM Dent and Sons ISBN 0460 031058

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]