Saltar ao contido

Demetrio II Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDemetrio II Paleólogo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1407 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla Editar o valor en Wikidata
Morte1470 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Edirne Editar o valor en Wikidata
Déspota de Morea
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxe Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeZoe Paraspondilou
Theodora Asanina
FillosHelena Palaiologina (en) Traducir
 () Theodora Asanina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisManuel II Paleólogo Editar o valor en Wikidata  e Helena Dragaš Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrónico Paleólogo, Xoán VIII Paleólogo, Constantino XI, Tomé Paleólogo e Teodoro II Paleólogo Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Demetrio Paleólogo (en grego Δημήτριος Παλαιολόγος, Dēmētrios Palaiologos), nado en 1407 e finado en 1470, foi déspota de Morea de facto entre 1436 e 1438 e entre 1451 e 1460 pero de iure de 1438 a 1451. Fora tamén gobernador de Lemnos (1422 - 1440), e de Mesembria (1440 - 1451). Foi o pretendente lexítimo ao trono bizantino despois de 1453, polo menos antes da súa deserción en favor do Imperio Otomán en 1460. Demetrio Paleólogo era un dos fillos do emperador bizantino Manuel II Paleólogo e de Helena Dragaš.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai entregoulle o goberno de Lemnos en 1422, pero as súas ambicións eran máis importantes. Marchou entón á corte do emperador romano xermánico, Sexismundo. Finalmente, regresou a Lemnos en 1425.

Acompañou ao seu irmán, Xoán VIII Paleólogo a Florencia para o Concilio de Basilea-Ferrara-Florencia-Roma en 1437. Este concilio tentou un achegamento entre os ortodoxos e os católicos. Demetrio Paleólogo, que se opuña a iso, volveu a Grecia en 1439. Por volver sen o acordo do emperador, debeu devolver Lemnos. Outorgóuselle un novo cargo, en Mesembria no mar Negro en 1440.

En 1442, asinou unha alianza cos otománs. En 1449, o novo emperador, Constantino XI Paleólogo, concedeulle o Despotado de Morea para afastalo da capital.

Despois da caída de Constantinopla, Morea foi o último enclave bizantino non conquistado. Os Cantacucenos tentaron asumir o control. Desencadeouse unha guerra da que saíron triunfantes os Paleólogos, antes de trabar un novo enfrontamento entre Demetrio e o seu irmán Tomé. Demetrio chamou na súa axuda ao sultán otomán e a cambio deulle Mistra.

Despois de acabar a conquista turca, foi a Adrianópole co sultán, que lle outorgou en usufructo as illas de Imbros e Lemnos, así como unha parte de Samotracia e Tasos, tras a entrega dun tributo de 3.000 pezas de ouro. En 1467, caeu en desgraza e foi exiliado en Didimótica, onde morreu en 1470 despois de adquirir o hábito monástico baixo o nome de «David».

A súa esposa, Teodora, faleceu unhas semanas despois del. Tiveron só unha filla, Helena, morta antes de 1473.

Devanceiros

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]