Constantino Dragaš

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Constantino Dragaš
TetraevangeliaOfIvanAlexanderFol2.jpg
Nacementoc. 1355
 Imperio serbio
Falecemento25 de maio de 1395
NacionalidadeImperio Otomán
EtniaPobo serbio
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia
Ocupaciónmilitar
PaiDejan
NaiTheodora Nemanjić
CónxuxeEudokia of Trebizond e Kera Tamara
FillosHelena Dragas
IrmánsJovan Dragaš, Žarko e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Constantino Dragaš (en serbio e búlgaro: Константин Драгаш, Konstantin Dragaš; grego: Kωvσταντίνος Δραγάσης, Konstantínos Dragáses), finado o 17 de maio de 1395, foi un señor rexional semi-independente no fragmentado reino de Serbia centrado en Velbazhd (Kyustendil) de 1378 até a súa morte na batalla de Rovine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estados dos Balcáns Centrais, incluíndo o reino de Constantino Dragaš (Despotado de Velbazhd) en 1373-1395.

Constantino era fillo do sebastocrátor serbio Dejan Dragaš e de Teodora (Eudokia), a irmá do emperador serbio Estevo Uroš IV Dušan. Os seus avós maternos foron o rei serbio Estevo Dečanski e Teodora, filla do tsar Smilets de Bulgaria.

Xunto co seu irmán Jovan Dragaš, que morreu en 1378/1379, Constantino gobernou gran parte da rexión de Macedonia oriental e una parte media do val do río Struma (Estrimón). Os títulos de Constantino varían nas fontes, onde se lle chama «señor» (en serbio gospodin, grego kyr ou authentēs); poida que obtivese o título de déspota polo que adoita ser mencionado nos estudos modernos, se cadra por concesión do seu xenro, o emperador bizantino Manuel II Paleólogo.

Os irmáns Dragaš dotaron xenerosamente varios mosteiros do monte Athos, incluíndo os de Hilandar, Pandeleimonos e Vatopedi.

Despois da batalla de Maritza, víronse obrigados a se converteren en vasalos do Imperio otomán, pero mantiveron estreitos vínculos cos seus veciños cristiáns, incluído o Imperio bizantino. En 1395, xunto co seu veciño e aliado Marko, o rei serbio de Prilep, Constantino Dragaš morreu loitando polo seu señor otomán Beyazid contra Mircea I de Valaquia en Rovine, preto de Craiova.

Matrimonios[editar | editar a fonte]

Constantino Dragaš casou dúas veces. O nome da súa primeira esposa descoñécese, pero non foi a Tamár (Tamara), filla do tsar Iván Alexandre de Bulgaria, que casou cun certo «déspota» Constantino. A segunda esposa de Dragaš foi Eudoxia de Trebisonda, filla do emperador Aleixo III de Trebisonda e de Teodora Cantacucena. Coa súa primeira esposa, Dragaš tivo polo menos unha filla e, posibelmente, un fillo:

  • Helena Dragaš (Jelena Dragaš, monxa Ipomoni), que desposou ao emperador bizantino Manuel II Paleólogo e morreu o 13 de maio de 1450. Tivo moitos fillos, incluídos os dous últimos emperadores bizantinos, dos cales Constantino XI adoptou o apelido de Dragaš (en grego Dragases).
  • Quizá tamén Jakov (coñecido polo equivalente musulmán do nome, Yaqub), quen o sucedeu como señor de Velbăžd (Kyustendil).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]