Xoán VIII Paleólogo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de decembro de 1392 Constantinopla, Turquía |
| Morte | 31 de outubro de 1448 Constantinopla, Turquía |
| Emperador bizantino | |
| 1425 – 1448 ← Manuel II Paleólogo – Constantino XI → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Participou en | |
| 1431 | Concilio de Basilea-Ferrara-Florencia-Roma |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Paleólogo |
| Cónxuxe | Maria de Trebizonda (1427, 1427 (Gregoriano)–1439), morte do cónxuxe Sofia de Montferrat (1421–1426), divorcio Ana de Moscovo (1409, 1411, 1414, 1411 (Gregoriano)–1417), morte do cónxuxe Sofia de Montferrat |
| Pais | Manuel II Paleólogo |
| Irmáns | Teodoro II Paleólogo Demetrio II Paleólogo Andrónico Paleólogo Constantino XI Tomé Paleólogo |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Xoán VIII (16 de decembro de 1392 - Constantinopla, 31 de outubro de 1448), alcumado Paleólogo foi emperador bizantino e fillo máis vello de Manuel II. En 1425 pasou a ser emperador en solitario. Casou dúas veces: primeiro con Ana, filla do Gran duque Basilio I de Moscova, en 1414; e logo con Sofía de Montferrato en 1421, cando foi nomeado co-emperador xunto ao seu pai. Non tivo fillos de ningún dos dous matrimonios.
Para buscar protección fronte á ameaza dos turcos otománs, visitou o Papa e aceptou a unión das igrexas grega e latina, o que se ratificou en Florencia en 1439. En devandita viaxe estivo acompañado por Xurxo Gemisto Pletón, un filósofo neoplatónico que tería unha grande influencia sobre o mundo académico italiano, así como sobre o Renacemento en toda Europa occidental. A unión da igrexas fracasou, pero grazas á súa prudente política ante o Imperio Otomán logrou conservar Constantinopla e en 1432 resistiu un asedio do sultán Murad II.
Designou o seu irmán Constantino XI como sucesor, e, malia as intrigas dos seus irmáns máis novos, Demetrio e Tomé, a súa nai, Helena Dragas, conseguiu asegurarse a sucesión de Constantino.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Manuel II Paleólogo |
Xoán VIII Paleólogo | Precede a: Constantino XI |
| Dinastía Paleólogo | ||