Irene Asanina
Irene Asanina | |
---|---|
Nacemento | c. século XIIIxuliano |
Falecemento | c. 1354 |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | consorte |
Pai | Andrónico Asen |
Cónxuxe | Xoán VI Cantacuzeno |
Fillos | Manuel Cantacuzeno, Helena Cantacuzena, Teodora Cantacuzena e Mateo Cantacuzeno |
Irmáns | Manuel Comneno Raoul Asen e Johannes Asanes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Irene Asanina (en grego: Ειρήνη Ασανίνα), finada en 1354, foi unha emperatriz bizantina, esposa do emperador Xoán VI Cantacuzeno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irene foi a neta do tsar Iván Asen III, filla de Andrónico Asen déspota de Morea e a súa esposa Tarcaniotisa. Casou con Xoán Cantacuzeno antes de 1320[1]. Desde 1341, cando Xoán Cantacuzeno se proclamou emperador en Didimóteicho o seu nome foi incluído co nome oficial de emperatriz nos documentos emitidos pola corte de Cantacuzeno[2]. A coroación oficial da parella imperial non foi até o 13 de maio de 1347[3]. En novembro de 1354, despois da conquista de Constantinopla por Xoán V Paleólogo, Xoán Cantacuzeno abdicou e entrou no mosteiro de Mangana[4]. Irene tamén vestiu o hábito e adoptou o nome de Uxía, morreu ese mesmo ano no sacro mosteiro de Marta[1].
Irene tivo seis fillos:
- Mateo - coemperador bizantino desde 1352 até 1357, despois déspota de Morea.
- Manuel - déspota de Morea.
- María - casou no verán de 1342 con Nicéforo II Orsini, déspota de Epiro.
- Teodora - foi a terceira esposa do sultán Orhan I do Imperio otomán.
- Helena - casou co emperador Xoán V Paleólogo.
- Andrónico - prisioneiro nos anos 1341-1342 durante a guerra civil, morreu durante unha epidemia en 1347[1].