Manuel Cantacuzeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Cantacuzeno
Nacementoc. 1326
Lugar de nacementoMistras
Falecemento10 de abril de 1380
Lugar de falecementoMistras
NacionalidadeDespotado de Morea e Imperio Bizantino
PaiXoán VI Cantacuzeno
NaiIrene Asanina
CónxuxeIsabelle de Lusignan
IrmánsMateo Cantacuzeno, Helena Cantacuzena e Teodora Cantacuzena
editar datos en Wikidata ]

Manuel Cantacuzeno (en lingua grega, Μανουήλ Καντακουζηνός, Manuēl Kantakuzēnós), nado sobre 1326 en finado en Mistras, Peloponeso, o 10 de abril de 1380, foi Déspota de Morea do 25 de outubro de 1349 até a súa morte. Foi tamén pretendente ao título de Príncipe de Acaia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo do Emperador Bizantino Xoán VI Cantacuzeno. Foi gobernador de Veria e Constantinopla nos anos 1340. En 1348, foi nomeado gobernador de Morea polo seu pai. Foi o primeiro en levar o título de «Déspota».

Restableceu a orde na provincia sometendo aos notábeis gregos locais (arkhontes). Mantivo boas relacións cos seus veciños latinos do Principado de Acaia e asegurou un período de prosperidade á rexión. Unha alianza cos señores latinos permitiulle mesmo facer fronte ás razias de Murad I nos anos 1360. Animou tamén as migracións de albaneses para repoboar a península.

Contraeu matrimonio con Isabel (ou Zampea ou María) de Lusignan, filla de Guy de Lusignan, que reinaba en Armenia baixo o nome de Constantino IV.

Á súa morte en 1380, sucedeuno o seu irmán Mateo Cantacuzeno.