Andrónico Asen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 1280 |
| Morte | 1332 (Gregoriano) |
| Estratego | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | militar |
| Familia | |
| Familia | Dinastia Asen (pt) |
| Fillos | Irene Asanina, Johannes Asanes, Manuel Comneno Raoul Asen |
| Pais | João Asen III da Bulgária |
| Irmáns | Michael Asan Isaac Asan Manuel Asan Constantine Asan Theodora Palaiologina Asanina Maria Asanina |
Andrónico Asen, finado en 1322, foi o gobernador da provincia bizantina de Morea entre 1316 e 1322.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Andrónico Asen era o fillo do tsar búlgaro Iván Asen III e Irene Palaeoloxina, irmá do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo.
Os seus pais tiveron que fuxir do país en 1280 durante a revolta de Ivaylo e refuxiáronse no territorio bizantino. Tras a morte de Miguel Cantacuzeno, Andrónico II deulle a Andrónico Asen o goberno da pequena provincia bizantina de Morea (parte sur-oriental da península).
Cantacuzeno xa conseguira consolidar a provincia e coñeceu algún éxito contra o principado franco de Acaia no norte. Asen continuou do mesmo xeito, aproveitando a disensión interna en Acaia. Conquistou unha gran parte do territorio no centro da Morea. En 1320, tomou os castelos de Akova, Polifengo, Karitaina e San Xurxo, en Skorta.
Familia
[editar | editar a fonte]Andrónico Asen estaba casado cunha tal Tarchaneiotissa, filla do protostrator Miguel Glabas Tarchaniotes.
Tiveron, polo menos, catro fillos:
- Manuel Comneno Raúl Asen, estratego en 1342 en Didymoteicho (1342), e, a continuación, gobernador de Bizye en 1344.
- Xoán Asen, gobernador de Melenikon (1342) e Morrha (1343).
- Irene Asanina, muller de Xoán VI Cantacuzeno, e cuxa filla Helena casou con Xoán V Paleólogo.
- Helene Asanina, que morreu nova.