Saltar ao contido

Pneumática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase pneumática á técnica que ten como obxectivo o estudo e aplicación do aire comprimido para producir os efectos mecánicos desexados.

O aire comprimido que se emprega industrialmente procede do contorno onde se traballa. Úsase aire comprimido ata unha presión de 6 e 12 bares, respecto da presión atmosférica.

Magnitudes e unidades

[editar | editar a fonte]

As magnitudes empregadas na pneumática son a presión e o caudal.

  • Presión é a forza exercida perpendicularmente polo aire por unidade de superficie. Exprésase como:
onde F é a forza exercida (en N no SI), S a superficie onde actúa a presión (en m2 no SI) e p é a presión do aire (en Pa no SI).
  • Caudal é a cantidade de fluído (neste caso, aire a presión) que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo. Exprésase como:
onde V é o volume do fluído (en m3 no SI), C o caudal (en m3/s no SI) e t o tempo (en s no SI). Na práctica, acostúmase utilizar maioritariamente litros por segundo (L/s) e metros cúbicos por hora (m3/h).

Circuíto pneumático

[editar | editar a fonte]
Circuíto pneumático.

Os circuítos pneumáticos constan basicamente de:

  • Conversor: compresor.
  • Acumulador: depósito de aire.
  • Elementos de protección: secador e filtros.
  • Elementos de control: válvulas.
  • Receptor: cilindros.

Aire comprimido

[editar | editar a fonte]

O aire comprimido pode usarse de dúas maneiras distintas:

  • Como elemento de mando e control, permitindo abrir e pechar determinadas válvulas.
  • Como enerxía motriz. Ao entrar o aire comprimido no interior dun cilindro, pode desprazar o seu émbolo e barra cara a adiante e cara a atrás, facer xirar un motor pneumático (coma se fose un ventilador) ou mover unhas pinzas pneumáticas.

O aire que se utiliza procede do contorno onde se encontre instalado o compresor. Xeralmente conterá po, óxidos, partículas de xofre e outras substancias, ademais de auga. Hai que tratar de eliminar todo iso para que non afecte ao normal funcionamento dos distintos elementos de que consta a instalación pneumática.

Pneumática na industria

[editar | editar a fonte]

O emprego da pneumática na industria supuxo a automatización da maioría dos procesos industriais.