Cartabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartabón de plástico

Un cartabón (puido chegar dende o antigo occitano escartabont, derivado de cart ‘cuarta parte’, procedente do latín quartus)[1] é un utensilio con forma de triángulo rectángulo escaleno que se utiliza en debuxo técnico.

Características[editar | editar a fonte]

Poden ser de diferentes tamaños e ter unha escala gráfica, para usarse como instrumento de medición. A súa forma é a dun triángulo rectángulo cuxos ángulos son 90º, 60º e 30º. Adoita empregarse, xunto a un escuadro ou unha regra, para trazar liñas paralelas, perpendiculares ou con ángulos diversos. Pode estar feito de materiais diversos, aínda que o máis común e útil é o de plástico transparente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cartabón". Portal das Palabras. Consultado o 19 de setembro de 2016.