Saltar ao contido

David Mitogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Mitogo
Biografía
Nacemento(es) David Edú García Mitogo Editar o valor em Wikidata
18 de maio de 1990 Editar o valor em Wikidata
Bata (Guinea Ecuatorial) Editar o valor em Wikidata
Desapariciónc. P746
Morte11 de maio de 2023 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
río Miño Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial
España Editar o valor em Wikidata
Altura1,75 m Editar o valor em Wikidata
Peso69 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua fang Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2008-2012 SD Ponferradina B (en) Traducir (dianteiro)78(14)
2009-2009 Sociedad Deportiva Ponferradina 7(1)
2012-2013 Club Deportivo Teruel 31(4)
2013-2013 Club Atlético Bembibre 16(9)
2014-2014 Vittoriosa Stars Football Club (pt) Traducir 12(2)
2015-2016 Centro de Deportes Barco (dianteiro)31(10)
2015-2015 Club Atlético Bembibre 3(0)
2020-2021 Club Deportivo As Pontes (dianteiro)31(11)
2020-2020 Unión Deportiva Somozas (dianteiro)4(0)
2021-2021 Sociedade Deportiva Sarriana (dianteiro)12(3)
2021-2023 Atlético Arnoia (dianteiro)36(13) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2010-2016   Guinea Ecuatorial (dianteiro)6(0) Editar o valor em Wikidata

Facebook: 1253324899 Twitter: Mitogo7 Instagram: davidmitogo FIFA: 356876 Editar o valor em Wikidata

David Edú García Mitogo, nado en Bata o 18 de maio de 1990 e finado o 11 de maio de 2023 no cruzamento entre os ríos Avia e Miño[1][2], foi un futbolista ecuatoguineano que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva entre o Bierzo e Galicia e foi internacional coa selección de Guinea Ecuatorial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade ecuatoguineana de Bata, sendo fillo dun español e unha ecuatoguineana da etnia fang,[3] e aos tres anos instalouse coa súa familia en Vilafranca do Bierzo. Comezou a xogar ao fútbol co CD La Morenica de La Bañeza, e xogou unha tempada no equipo cadete da Ponferradina, antes de regresar ao La Morenica.[3] Aos 16 anos volveu á Ponferradina e un ano despois debutou co filial na Terceira División.[4]

O 20 de setembro de 2009, con 19 anos, produciuse a súa estrea co primeiro equipo da Ponferradina, nun partido da Segunda División B ante o Eibar, no que marcou ademais o seu primeiro gol, que serviu para colocar ao seu equipo líder.[5] Disputou outros seis encontros coa primeira escuadra nesa tempada, na que o conxunto berciano logrou o ascenso á Segunda División.

O 24 de outubro de 2010, xogando coa Ponferradina B ante o CD Huracán Z, sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, polo que estivo seis meses de baixa, e non volveu vestir a camiseta do primeiro equipo. Na tempada 2012/13 xogou no Teruel, tamén de Segunda B, co que acabou descendendo a Terceira. En 2013 regresou ao Bierzo fichando polo Atlético Bembibre. Tras unha breve experiencia no fútbol maltés, vestindo a camisola do Vittoriosa Stars de Birgu, e de xogar de novo no Atlético Bembibre, recalou en 2015 en Galicia, onde xogou durante os seguintes anos, coa única excepción duns meses no Unionistas de Salamanca.[6] Así, militou no Barco, no Compostela, no Arenteiro, no Somozas, no As Pontes e no Atlético Arnoia, no que xogaba no momento da súa desaparición.[7]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

En abril de 2010 foi convocado pola selección sub-20 de Guinea Ecuatorial para o un partido contra Gabón correspondente á clasificación para o Campionato Africano Xuvenil de 2011. Marcou o gol ecuatoguineano, nun encontro que acabou en empate (1-1).

A finais de xullo de 2010 recibiu a súa primeira convocatoria para a selección absoluta de Guinea Ecuatorial, coa que debutou nun amigable ante Marrocos o 11 de agosto no estadio Mohammed V de Rabat. Entrou como substituto de Juan Mbela no minuto 67 pero non puido evitar a derrota do seu equipo (2-1).[8] Nos seis anos seguintes disputou outros cinco partidos coa selección.

Desaparición

[editar | editar a fonte]

Desapareceu o 12 de maio de 2023, despois de enviar varias mensaxes de despedida ás súas amizades que fixeron pensar nun posible suicidio.[9][10] Saíu da casa dun amigo de madrugada, foi a un bar na Arnoia e despois desapareceu. O seu teléfono móbil apareceu na ponte que une A Arnoia e Ribadavia, e as autoridades iniciaron unha busca de varios días no río Miño.[7] O 23 de maio, 11 días despois da súa desaparición, o seu corpo foi finalmente localizado sen vida na gallada onde se xuntan as augas do Avia coas do Miño[11], máis próximo do lugar da Barca, na ribeira sur[12], a uns 250 metros de onde se presume que se botou ao río.

  1. "Buscan a Mitogo, exfutbolista de la Ponferradina y Unionistas de Salamanca, en el río Miño". As (en castelán). 12 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  2. "Máxima preocupación por el futbolista David Mitogo, que se encuentra desaparecido" (en castelán). 11 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "De Guinea Ecuatorial a Villafrancadel Bierzo" (en castelán). 22 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  4. "El GCE Villaralbo manda en su debut en la liga y golea a la Ponferradina B". El Norte de Castilla (en castelán). 2008-09-14. Consultado o 2023-11-08. 
  5. "Mitogo pone líder a la Ponferradina" (en castelán). 20 de setembro de 2009. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  6. "Unionistas CF refuerza su delantera con el ecuatoguineano David Mitogo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  7. 7,0 7,1 "Continúa la búsqueda de Mitogo, futbolista del Atlético de Arnoia, tras cinco días desaparecido en Galicia". El Mundo (en castelán). 17 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  8. "El “Nzalang” nacional derrotado en su primer partido amistoso contra Marruecos" (en castelán). 13 de agosto de 2010. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  9. "Desgarrador mensaje de la madre del desaparecido Mitogo: "Que no haya hecho algo malo"". Antena 3 (en castelán). 20 de maio de 2023. Consultado o 20 de maio de 2023. 
  10. "La Guardia Civil continúa la búsqueda del futbolista David García Mitogo en el río Miño" (en castelán). 22 de maio de 2023. Consultado o 24 de maio de 2023. 
  11. "Encontran no río Avia o cadáver do futbolista David García Mitogo, desaparecido desde o 11 de maio". Nós Diario. 23 de maio de 2023. Consultado o 24 de maio de 2023. 
  12. Casteleiro, Patricia (2023-05-23). "Aparece en el río el cuerpo sin vida de David García Mitogo". La Región (en castelán). Consultado o 2023-05-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]