Cynoglossus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cynoglossus capensis.

Cynoglossus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos.[1]

A familia comprende numerosas especies, as máis delas propias dos mares da rexión Indo-Pacífica, pero algunhas tamén habitan nalgunhas augas cálidas do Atlántico oriental.[2]

Encóntranse comunmente en augas pouco profundas sobre fondos areosos ou lamacentos, incluíndo estuarios, e mesmo algunhas especies están restrinxidas cursos de auga doce.[2]

A especie máis grande alcanza os 66 cm de lonxitude.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi creado en 1822 polo médico, zoólogo e botánico escocés Francis Buchanan-Hamilton.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Cynoglossus está formado polo elemento do latín científico cyno-, adaptación do grego antigo κυνο- kyno-, que deriva de κύων, κυός kýōn, kyós, "can", e do grego γλῶσσα glôssa "lingua": literalmente: "lingua de can".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos seguintes sinónimos:[1]

  • Arelia Kaup, 1858
  • Areliscus Jordan & Snyder, 1900
  • Cynoglossoides von Bonde, 1922
  • Cynoglossoides Smith, 1949
  • Dollfusichthys Chabanaud, 1931
  • Icania Kaup, 1858
  • Trulla Kaup, 1858

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade no xénero recoñécense as seguintes especies:[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]