Cynoglossus monodi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cynoglossus monodi
Lingua de can de Guinea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Subfamilia: Cynoglossinae
Xénero: Cynoglossus
Especie: C. monodi
Nome binomial
Cynoglossus monodi
Chabanaud, 1949[1]

Cynoglossus monodi é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,[1] coñecido en galego como lingua de can de Guinea.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1949 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.[1][3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario, a especie tamén foi coñecida polo sinónimo Cynoglossus lagoensis monodi Chabanaud, 1949.[1]

Características[editar | editar a fonte]

É un peixe plano de corpo ovalado, coa marxe anterior da cabeza semicircular, e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente,[3] que pode chegar a medir até 40 cm de lonxitude,[4] aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 30 cm.[4]

Hábitat, distribución e bioloxía[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña e de augas salobres, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fondos areosos ou lamacentos,[4] a profundidades de entre os 10 e os 30 m,[4] máis frecuentemente entre os 10 e os 25 m,[5] no Atlántico oriental, entre os 14° N e os 5° S, desde Mauritania até Pointe-Noire, República do Congo.[3]

Aliméntase de moluscos bentónicos.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

Cynoglossus monodi é unha especioe comestíbel, que se pesca na zona 34 (Atlántico centro-oriental).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cynoglossus monodi Chabanaud, 1949 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Cynoglossus monodi Chabanaud, 1949 en FishBase.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Schneider, W. (1990).
  5. Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. nº 16.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds.: Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2, pp. 1050-1054.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]