Cela, Angola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 1°21′30″S 15°7′10″L / -1.35833, -15.11944

Vista do centro da cidade.

Cela é unha cidade e municipio da provincia de Cuanza Sul, en Angola.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación de Cela en Angola.

O municipio abarca unha extensión de 5 525 km².[1]

En xullo de 2018 tiña unha poboación estimada de 252 852 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 45,77 hab./km²

Encóntrase situado no centro-oeste do país, ao sur de Luanda, cerca do río Cuanza e da costa do océano Atlántico. Limita ao norte co municipio da Quibala, ao leste co municipio do Andulo, ao sur cos municipios de Bailundo e Cassongue, e ao oeste cos municipios de Seles e Ebo.

Comprende as comunas de:

A sede do municipio é Waco Kungo.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde o século XVI, partes cada vez máis grandes de Angola quedaron baixo o dominio do Imperio colonial portugués.

No contexto das reformas administrativas do gobernador de Angola, Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho (1726-1780), a provincia de Cuanza Sul foi fundada en 1769, e Cela converteuse nun distrito da provincia.[3]

Durante a Guerra civil angolana (1975-2002) Cela foi o escenario de intensos combates. Ademais das batallas, minas terrestres antipersoa no territorio provocaron unha diminución de toda a actividade económica, especialmente da agricultura. Despois do final da guerra civil, o regreso dos habitantes fuxidos e a recuperación da agricultura comezou lentamente. Diversos programas de apoio público tenderon a reducir a fame e a pobreza na cidade, a través de comedores escolares, atención médica mellorada, microcréditos e unha gran variedade doutras medidas.[4] Dede 2012 varios proxectos de novas vivendas abordárose no municipio, especialmente nas comunas de Sanga e Quissanga-Kungo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Kuanza-Sul: Municípios" (en portugués). Info-Angola. Consultado o 21 de setembro de 2019. 
  2. Información demográfica de Angola Arquivado 13 de xullo de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  3. Kwanza-Sul en info-angola.ao (en portugués). Consultado o 21 de setembro de 2019.
  4. Artigo do 27 de decembro 2013 da Agência Angola Press. Consultado o 21 de setembro de 2019.
  5. Município da Cela vai ganhar 50 casas evolutivas Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.. Rádio Nacional de Angola. Consultado o 21 de setembro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]