Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho
Nacemento28 de decembro de 1726
 Vila Viçosa
Falecemento6 de febreiro de 1780
 Madrid
NacionalidadePortugal
OcupaciónMilitar, diplomático e administrador colonial portugués
PaiRodrigo de Sousa Coutinho
NaiMaria Antónia de São Boaventura e Meneses Paim
FillosRodrigo de Sousa Coutinho
Domingos António de Sousa Coutinho
Francisco Maurício de Sousa Coutinho
José António de Meneses e Sousa Coutinho
Coñecido/a porFundador da cidade de Novo Redondo (hoxe Sumbe), en Angola
OrganizaciónReino de Portugal
CargosGobernador e Capitán Xeneral do Reino de Angola
Embaixador en España
editar datos en Wikidata ]

Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, nado en Vila Viçosa (distrito de Évora, Alentexo) o 28 de decembro de 1726, e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1780, foi un militar, diplomático e administrador colonial portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ocupou varios postos militares no Reino de Portugal, e despois exerceu o cargo de Gobernador e de Capitán Xeneral no Reino de Angola entre 1764 e 1772, sucedendo a António de Vasconcelos e sendo sucedido por António de Lencastre.[1][2][3]

O 7 de xaneiro de 1768, sendo Gobernador de Angola, Sousa Coutinho ordenou a unha brigada de enxeñeiros que elixise o lugar onde se instalaría unha fortaleza-presidio, a que lle deu o nome de Novo Redondo, o que representou a fundación da cidade hoxe coñecida como Sumbe.[4]

Despois de deixar o Goberno de Angola foi nomeado embaixador en España, falecendo no exercicio das súas funcións.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Era fillo de Rodrigo de Sousa Coutinho, vedor da Casa Real, e de Maria Antónia de São Boaventura e Meneses Paim.

Foi pai de Rodrigo de Sousa Coutinho, primeiro conde de Linhares; de Domingos António de Sousa Coutinho, primeiro conde e marqués do Funchal; de Francisco Maurício de Sousa Coutinho, Gobernador Xeral da Capitanía do Grão-Pará (Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves), e de José António de Meneses e Sousa Coutinho, membro do Consello de Rexencia do Reino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rulers.org - Angola
  2. worldstatesmen.org - Angola
  3. John Stewart (2006): African States and Rulers 3ª ed. Jefferson, Carolina do Norte, USA. ISBN 978-0-7864-2562-4.
  4. Sumbe - Imenso potencial turístico. Austral, Revista de Bordo da TAAG/SAP Viajar, 3 de novembro de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]