Mitre 10 Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "ITM Cup")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mitre 10 Cup
Fundación1976
PaísNova Zelandia Nova Zelandia
Equipos14
Actual campiónTasman (1º título)
Máis laureadoAuckland (17 títulos)
OrganizadorNZ Rugby
Sitio webPáxina oficial

A Mitre 10 Cup (anteriormente ITM Cup e Air NZ Cup por razóns de patrocinio) é o campionato profesional de rugby en Nova Zelandia. Antes de 2006 o seu nome era National Provincial Championship (NPC) e o seu formato non era profesional. O torneo conta con 14 equipos divididos en dúas divisións. Os equipos participantes son representativos das diversas rexións do país, polo tanto non é unha liga de clubs. A primeira edición da NPC tivo lugar no ano 1976.

No hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que os campionatos nacionais de Suráfrica e Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do Super Rugby, composto por franquías de Australia, Suráfrica, Nova Zelandia, Arxentina e Xapón, de xeito que a Mitre 10 Cup poida ser un trampolín para que os xogadores máis salientables poidan ascender ó máximo nivel internacional nalgunha das cinco franquías neocelandesas.

Equipos e situación xeográfica[editar | editar a fonte]

Campións[editar | editar a fonte]

Títulos por equipo
  • 17 Títulos: Auckland
  • 14 Títulos: Canterbury
  • 4 Títulos: Wellington
  • 2 Títulos: Otago e Waikato
  • 1 Título: Bay of Plenty, Manawatu, Counties Manukau, Taranaki e Tasman

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]