Crucifixo de Montserrat (Michelangelo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crucifixo no mosteiro de Montserrat.

O Crucifixo de Montserrat é unha escultura de marfil recentemente atribuída ao artista renacentista Michelangelo.

Análise[editar | editar a fonte]

Atópase no mosteiro de Montserrat. Segundo o historiador Manuel Mundó i Marcet trátase dunha imaxe de Cristo durante a agonía, coa cabeza inclinada cara á dereita, a boca aberta e os ollos case pechados, está coroado con espiñas, o corpo é dun home novo, cos brazos abertos, nu, protexido cun pano dobrado con dobras irregulares que o aguanta un cordón dobre enlazado. Presenta unha boa anatomía moi realista mostrando a ferida na parte dereita das costelas. Ten unha medida de 58.5 cm de altura. Datouse entre os anos 1496-1497.

Historia[editar | editar a fonte]

Crese que foi adquirido polo abade Marcet no ano 1920 durante unha viaxe realizada a Roma, nesa época pensábase que era obra de Ghiberti. Dende o ano 1959 áchase colgado dunha gran coroa de prata sobre o altar maior da basílica de Montserrat, (Barcelona).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Manuel Mundó i Marcet, Anscari M. (2006) Un Santcrist d'Ivori de Miquel Àngel Buonarroti?, Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat ISBN 84-8415-784-9 (en catalán).